Espectáculos 2014: Poemas visuales

Nome da compañía: Compañía Jordi Bertran
Idades recomendadas: público familiar y adulto
Duración: 60 minutos
Técnica: títeres de variña
Idioma: visual. Sen texto


Sinopse
Poemas Visuais comeza cun actor-músico, encarnando un poeta; leva consigo unha maleta repleta de letras de escuma e empeza a xogar cos seus sons e formas, descubrindo que a partir das letras pode crear poesía sen necesidade de construír palabras.
Coa guitarra e as cancións establece unha tenra relación coas letras que toman vida e crean un universo cheo de personaxes, coreografías, humor e accións dramáticas, onde se demostra que as letras non só serven para encher papeis e ordenadores senón que tamén poden crear un mundo sensible, de sobrecolledora sinxeleza.
As letras, manipuladas con varas sobre unha mesa, adquiren vida propia e vanse transformando a medida que avanza o espectáculo:
A E convértese nun can que xoga cun neno, que é a I. Unha Y cunha U crean unha bailarina rítmica e unha simple T, un trampolinista.

Teatro Principal
Venres 3 de outubro – 11:30 h – función escolar
Venres 3 de outubro – 20:30 h
Entradas
Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,