festival internacional de títeres
Galicreques 2002
enviar correo electrónico
imprimir esta páxina
  Imprimir
Presentación
 
Dende o día 30 de setembro ata o 13 de outubro deste ano 2.002, as rúas das principais vilas galegas encheranse de maxia e fantasía, xa que o festival de títeres chegará a tódolos recunchos da nosa terra.

Cada ano o festival vai acadando maiores dimensións, aínda que non estamos a falar só do número de compañías participantes, senon tamén dos espacios nos que se realiza, do público participante e das actividades que se xeneran de xeito paralelo, coma mesas redondas, exposicións, obradoiros,...

Os nenos e nenas serán os "espectadores privilexiados", xa que a mayoría dos espectáculos están destinados ao público infantil. Máis a que adulto non lle aflora o neno que leva dentro cando ve un espectáculo de títeres...?
De tódolos xeitos, tamén os adultos terán o seu espacio exclusivo neste festival, xa que obras coma "Farsa Tres Concertante" de La Gotera de Lazotea ou a versión de "A todo trapo" para adultos de Teatro Pizzicatto farannos pasar un intre de diversión e reflexión.

Titiriteiros e titiriteiras de todo o mundo se reúnen para amosarnos a forma de facer de diferentes culturas, distintas ideoloxías,...o que se traduce en variados espectáculos que teñen un fin común : o despertar do teatro de títeres.

Algunhas das compañías que estarán connosco serán:

Arbolé (Zaragoza)
Armando Morales (Cuba)
El Retablo (Madrid)
La Gotera de Lazotea (Jerez de la Frontera)
Papilu (Eslovenia)
Pizzicatto (Arxentina)
Plansjet (Bélxica)
Teatre de Marionnettes (Francia)
Trompicallo (Galicia)
Kukas (Galicia)
Cachirulo (Galicia)
Bavastel (Arxentina)

Visita o Índice da programación para obter máis información dos espectáculos e compañías.

Esta páxina está configurada para unha resolución de 800x600