O Festival
Internacional de Títeres Galicreques chega á súa novena edición
cun programa que presta especial atención á formación e á
difusión do mundo dos títeres
nunha visión máis ampla e global. Este ano o festival contará con
tres exposicións: "O marabilloso mundo das marionetas",
unha colección sobre a obra da compañía Títeres Cachirulo que se
poderá ver en Santiago de Compostela; "Títeres de Asia",
colección privada que nos amosa a historia, as técnicas, os
materiais e os personaxes dos títeres de Asia e que se poderá
visitar no Centro Social Uxío Novoneyra en Lugo e "Libros
Máxicos", creacións de Carmen Domech que se poderán
visitar na Casa da Cultura de Betanzos.
Asimesmo
este ano o Galicreques presta especial atención á formación cos
cursos: "Ya veremos que hacemos", curso de
dramaturxia impartido por Roberto Espina (autor, actor e director) e o
obradoiro de talla en madeira impartido por Chris da compañía
belga Plansjet.
Co
empeño de difundir e promocionar o mundo dos títeres deseñamos unha
programación variada e ampla, na que participan compañías como:
Plansjet de Bélxica, Anima Sonho de Brasil, Chucho Teatro de Viña de
Chile, Bonecos de Santo Aleixo de Portugal, Fundus das Museum de
Alemaña, Teatre Plus de Bulgaria, etc; e convocamos xunto co IGAEM o "II
Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de
Títeres"