• Inicio
  • A compañía
  • Mapa do sitio
  • Enlaces
  • Contacto
  • Blog
  • Contacontos de Carmen DomechActividades de Contacontos
  • EspectáculosOs nosos espectáculos de monicreques
  • ExposiciónsExposicións de monicreques
  • ObradoirosObradoiros de monicreques

Títeres Cachirulo

Biblioteca de Libros Fantásticos-Carmen Domech

Exposicións

Títeres Cachirulo

Os libros desta biblioteca tolearon. A todos lles ocorren cousas estrañas e misteriosas. Cada un ten unha historia que contar, como todos os libros do mundo, pero estes libros decidiron transmitila dun xeito diferente; por iso se converteu en barco o libro que recolle os relatos do mar, medroulle unha maceira ao que conta como naceron as palabras, quedou atrapado nunha arañeira un pequeno libro aventureiro… e así, un tras outro, vannos amosando as súas historias nesta biblioteca chea de fantasía.

Esta exposición conta con máis de cincuenta libros tratados plasticamente para que nos evoquen as historias de cada un deles. Cada libro acompáñase dun texto que narra o que lle aconteceu.

A mostra recibe o nome “Biblioteca de Libros Fantásticos” porque utilizamos a fantasía para crear as pezas que a compoñen. Intenta abrir unha porta ó fértil terreo da imaxinación. Animar aos visitantes a que inventen as súas aventuras arredor destes libros e fantasíen co que pode agardar tras os lombos dun libro do estante da súa biblioteca.

Tanto ao crear e contar historias, como ao plasmalas a través das artes plásticas, poden ser as historias as que provoquen a metamorfose do liTíteres Cachirulobro ou o libro animado o que evoque unha historia, unha anécdota, unha aventura…

Os libros fantásticos son o resultado dun extenso traballo no mundo da narración oral e da animación á lectura, concibidos coa intención de achegar o obxecto-libro baixo unha mirada aberta que esperte a imaxinación.

Animar ou incitar a ler é introducirse nunha nova aventura na que cada persoa se converte en protagonista, a partir da identificación cos personaxes de ficción. A animación á lectura consiste, pois, en propoñer o achegamento e o afondamento nos libros, dunha forma creativa, lúdica e pracenteira.

Pero ler non se limita a descifrar os caracteres impresos: é unha fiestra aberta á reflexión, á comunicación e á interacción. Ler lévanos a compartir sensacións, pensamentos, experiencias e a proxectar as nosas inquietudes e os nosos soños. E é desde ese mundo interior, o dos soños e a fantasía, desde onde quixemos achegarnos mostrando que os libros son obxectos cheos de maxia sobre os que cada un crea o seu propio relato e escribe o seu propio libro.

“Biblioteca de Libros Fantásticos” participou en diversos proxectos culturais tendo unha boa acollida por parte do público

Títeres Cachirulo
Títeres Cachirulo

 

…………………………………………………………………………………………………………………………….

Descargar: Teatriño Biblioteca de Libros Fantásticos

…………………………………………………………………………………………………………………………….

Descargar cartel exposición:

cartel Libros Fantasticos

Descargar unidades didácticas:

Xogando coa biblioteca de libros fantasticos

Unidade didactica galego

Descargar recortable:

recortable para nenos e nenas

Descargar folleto:

folleto galego Libros Fantasticos exterior

folleto galego Libros Fantasticos interior

______________________________

2 Comentarios



  1. 19 de Novembro de 2012

    Permalink

    Títeres Cachirulo


    Hola Montserrat!

    Nos alegramos mucho de que te haya gustado la exposición.
    Por supuesto que nos encantaría celebrar Sant Jordi en tu pueblo con la Biblioteca de Libros Fantásticos.
    Nos pondremos en contacto contigo a través del e-mail que nos has indicado.
    Muchas gracias.

    Un saludo.



  2. 6 de Novembro de 2012

    Permalink

    Montserrat Rumbau


    he visto esta exposición por el norte de España, creo que era en Cantabria, me impresionó muchísimo, era todo arte, imaginación, creación, belleza …. mucha originalidad … Aquí en Cataluña el dia 23 de abril celebramos la fiesta de Sant Jordi, es un dia muy especial, de libros i rosas, todo el mundo sale a la calle a comprar libros, regalar rosas …. Mi pregunta es si seria posible organizar esta exposición en un pueblo del interior de Cataluña, en Sta. Coloma ed Queralt, si haceis algun espectaculo más, si solo es o podria ser la exposición … que supondria economicamente …. bien, pues queriamos saber todo esto, i si es possible, poderlo organizar con tiempo, hasta pronto, gracias!!!



Deixa o teu comentario

Click here to cancel reply.

  1. Name (required)

    Mail (required)

    Website

    Message

  • Idioma/Language

    • Español
    • Galego
    • English
    • Portugués
  • Espectáculos en cartel/Shows on tour

    • O Apalpador contra o ladrón de xoguetes
    • A historia do Apalpador
    • As xeneralas da Ulla
    • A cabeza do dragón
    • Camiño de aventuras
    • Fío de lúa
    • Cronopios
    • A Barraca Camiño a Compostela
    • Do, re, mi, Mozart xoga aquí
    • O entroido dos animais
    • O libro da selva
    • Alicia no país das marabillas
    • ¡¡Olé, olé!!
    • Cu-cú, Tas-tás
    • Pinocho
    • Catro contos da China
    • A guerra das Galicsias
    • Xeado de lúa
  • Otros Espectáculos/Other shows

    • Bala Perdida
    • A figueira do demo
© 2023 Títeres Cachirulo - Sitio web de la compañía Cachirulo.
Contacto: cachirulo@titerescachirulo.com | 981 801 237 | 605 880 858
Sitio web: Titerenet | José Bolorino
The Papercut theme by Woo Themes