Espectáculos 2014: Por qué vive en el bosque la abuela de Caperucita

Don Cristóbal é un cabaleiro abrupto e ruín, sempre coa moca en man, que busca unha rapaza nova e guapa para despousala. Os seus desexos coinciden cos da nai de Dona Rosita, que aspira a encontrar un bo pretendente para a súa filla. Chegados a ese punto, ambos os dous acordan levar a termo os seus fins, para desdita do resto de personaxes.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | , ,

Espectáculos 2014: Poemas visuales

Poemas Visuais comeza cun actor-músico, encarnando un poeta; leva consigo unha maleta repleta de letras de escuma e empeza a xogar cos seus sons e formas, descubrindo que a partir das letras pode crear poesía sen necesidade de construír palabras.
Coa guitarra e as cancións establece unha tenra relación coas letras que toman vida e crean un universo cheo de personaxes, coreografías, humor e accións dramáticas, onde se demostra que as letras non só serven para encher papeis e ordenadores senón que tamén poden crear un mundo sensible, de sobrecolledora sinxeleza.
As letras, manipuladas con varas sobre unha mesa, adquiren vida propia e vanse transformando a medida que avanza o espectáculo:
A E convértese nun can que xoga cun neno, que é a I. Unha Y cunha U crean unha bailarina rítmica e unha simple T, un trampolinista.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: La isla del tesoro

Os personaxes foron recollidos nas praias: elementos devoltos polo mar para contar no escenario a historia, como se fosen o tesouro que aínda queda na Illa Perdida. Estes elementos cobran vida da man do monicrequeiro, para contar a aventura de Jim Hawkins e o pirata Long John Silver. Unha das máis apaixonantes aventuras.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: Os tres porquiños

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar? A resposta a todas estas interrogantes, coma todo, está nos libros e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador moi afeccionado aos contos, que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: La danza de las marionetas

Mieke e Chris presentan un orixinal espectáculo popular de monicreques bailaríns. Son tallas de madeira, realizadas por eles mesmos, que cobran vida ao son dos variados instrumentos que tocan (gaita, frauta, tamboril, zanfona…) A rexión flamenca de Limbourg estará presente, representada por esta parella de artesáns, músicos e animadores de marionetas.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: Circus on the strings

Espectaculares números de circo. O punto de unión é un simpático pallaso que presenta cada número mesturando a destreza da manipulación co humor e a tenrura dos personaxes.
A arte interpretativa en Rusia é unha referencia para o mundo. No teatro de bonecos posúen unha das tradicións máis relevantes, e o artista Viktor Antonov está catalogado como unha das principais figuras do seu país. Os seus bonecos, creados e manipulados cunha técnica exquisita e depurada, sorprenden pola súa vida e plasticidade.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: Mozart Preposteroso

Nunha viaxe trepidante dende o nacemento ata a morte do xenio, Nola Rae pinta un retrato asombroso de Mozart “o pallaso”.
Unha mestura de monicreques, mimo e bufonada evoca unha sinfonía de personaxes e, ao final, é difícil crer que só hai un artista no escenario.
Unha actuación igualmente hilarante como profundamente conmovedora.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: Galicreques con Gaza (Gala benéfica de variedades)

O Festival Internacional Galicreques, en solidariedade co pobo palestino e a causa dos horrores humanos que están a acontecer en Gaza, organiza unha noite de xuntanza Palestina-Israel na que os monicreques, a danza, a música, a maxia… farán as súas actuacións apoiando a paz.
A recadación desta reunión destinarase ao envío de medicamentos a Gaza a través da Fundación Araguaney.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,