Espectáculos Galicreques 2019: Cronopios


Nome da compañía: Tres Tigres Teatro, Títeres Cachirulo y Chachakün
Idades recomendadas: a partir de 8 anos
Duración: 65 minutos
Técnica: luvas chinesas
Idioma: castelán


Sinopse
Baseada nos personaxes dos relatos de “Cronopios y Famas” de Julio Cortázar, creamos unha comedia de enredo que nos introduce no mundo do surrealismo do entramado social.
Así, da man destes curiosos seres, asistimos á creación dun mundo máxico, paralelo á sociedade actual, onde conviven Cronopios, Famas e Esperanzas.
Un espectáculo con máis de 40 monicreques que farán as ledicias do espectador.

Ligazón vídeo: https://youtu.be/AOSF5qwQJbI
Teatro Principal
Venres 18 de outubro – 11:30 h (función escolar)
Venres 18 de outubro – 20:30 h (público familiar)
Entradas
Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |