Espectáculos 2014: Os tres porquiños

Nome da produtora: EducaTeatro Producións®
Idades recomendadas: 3-7 anos (Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria)
Duración: 50 minutos
Técnica: corpóreos e actor
Idioma: galego


Sinopse
Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar? A resposta a todas estas interrogantes, coma todo, está nos libros e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador moi afeccionado aos contos, que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?

Teatro Principal
Luns 29 de setembro – 11:30 h – función escolar
Entradas
Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,