Espectáculos 2016: Un botón en mi cabeza

Nome da compañía: Arriba las Hu! Manos
Idades recomendadas: a partir de 4 anos
Duración: 50minutos
Técnica: luvas
Idioma: castelán


Sinopse
Na danza da creación, as Mans dan a luz ao primeiro monicreque da Obra: Clott.
Unha delas é verde, móvese como serpe e non quere que a creación viva. Entón toma a cabeza do recentemente nado e, arroxándoa con forza, a parte pola metade…
Desde ese día un botón vermello asoma da cabeza de Clott. Un botón que o mantén unido, pero que o fai sentirse diferente a todos. A súa irmá Juana e o seu mellor amigo Luchito moléstano. Só atopa abrigo no seu Avó. Clott desexaría non ter ese botón…
A Man Verde fará o imposible para lograr que se desabotoe e así finalmente acabar con esta obra de Monicreques.
Que plans tece para Clott e a súa familia?  Que decisión tomará Clott?  Seica se desabotoará?

Praza Praterías
Venres 30 de setembro – 17:30 h
Sábado 1 de outubro – 18:30 h
Entradas
Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |