Espectáculos 2015: Títeres a cielo abierto

Nome da compañía: Manu Mansilla y su Teatro de Títeres Anticostumbrista
Idades recomendadas: todos os públicos
Duración: 60 minutos
Técnica: variña, mesa, bocóns
Idioma: castelán


Sinopse
Un espectáculo familiar que invita ao público a interactuar a través de tres divertidas historias.
Un monstro do centro da terra parece un terrorífico ser. Pero rapidamente descubriremos que, en realidade, é un sociable e tenro monstro alaranxado.
Un cuadrilleiro chamado Perigo vén decidido a conquistar o mundo e buscará entre o público aos seus novos secuaces. Conseguirá atopar algún neno “malvado” que lle axude a concretar o seu maléfico plan ou será máis forte o desexo de protexer o noso planeta e os seres que viven nel?
Manu e o seu monicreque, Luis, intentan poñerse de acordo sobre quen dos dous manda, un conflito clásico onde Luis ensinará a Manu a ver as cousas dende outro punto de vista.

Teatro Principal
Domingo 4 de outubro 2015 – 17:00 h
Entradas
Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |