Premio Galicreques 2022


O Premio Galicreques concédese a unha entidade, persoa ou compañía polo seu labor no mundo dos monicreques a través de proxectos que, aínda que no seu comezo puidesen parecer disparatados e efémeros, acabaron sendo soños conseguidos que nos favorecen a tod@s @s amantes das marionetas.
—–
Dende o Galicreques queremos destacar o compromiso artístico, social e cultural da compañía Tres Tigres de Córdoba, Arxentina, que levan realizadas máis de 17 obras, participando en numerosos circuítos e festivais, mesturando música, danza, monicreques, circo, “murga” e teatro de actores.
Nella Ferrez, Carolina Vaca Narvaja, Delia Perotti e Jorge Fernández Goncálvez conciben o teatro como un dereito de toda a poboación e, dende esa perspectiva, deseñan o seu traballo colaborando con distintas organizacións de dereitos humanos, socio comunitarias, universidades, espazos de formación e outros colectivos artísticos independentes. Dende 1995 crean ciclos, capacitacións, festivais, encontros e creacións artísticas buscando que as artes escénicas cheguen a todas as comunidades.

Galicreques 2022, Premio Galicreques 2022, Últimas edicións |