Galicreques 2020

Finisterrae: o último ultramarinos

Finisterrae: O último ultramarinos conta a historia de Berto e Mónica, veciños dunha vila da Costa da Morte con percorridos vitais moi diferentes que son como dúas caras da mesma moeda. Mónica encarna o entusiasmo de quen devece por retornar á súa terra, mentres Berto representa a apatía de quen tivo que ficar obrigado. A través do seu encontro despois de varios anos, asistimos a unha estampa particular da Costa da Morte; do seu pasado e presente, pero tamén dun futuro aínda por construír.
Finisterrae: O último ultramarinos é tamén un retrato da situación que atravesan moitas pequenas vilas afastadas dos grandes núcleos, que padecen un despoboamento progresivo e que se adaptan como poden aos cambios económicos e sociais que están a redefinir a súa identidade e o seu porvir.


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

El Circo Malvarrosa

Un grupo de personaxes estrafalarios atopa o seu lugar no mundo dentro do Circo Malvarrosa. Trátase dunha recreación poética e marionetística dos pequenos circos familiares que outrora percorrían Europa. O pallaso Coscorrito, o anano Capodimonti, Coloso Cartoni e Signorina Papelina, Arístides Manobianca, Mauricio e Martinica, Dona Rosa Proído e o Marqués de Malva compoñen entre todos un circo estraño e sorprendente que fará as delicias de grandes e pequenos.


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

Festa Rachada III – Ruada

A ruada “Festa Rachada III” reúne o mellor de cada casa. Temos o Dragón Cuspelume, A Galiña Cacatúa, os Feos Papamoscas, acompañados polos músicos Trogloditas que asombrarán e deleitarán ao numeroso público que nos acompaña habitualmente nos nosos percorridos escandalosos.


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

Página 4 de 41234