Espectáculos 2016

Espectáculos 2016: Brancaneves e os 7

Nome da compañía: Larei Lará Idades recomendadas: a partir de 3 anos Duración: 50 minutos Técnica: marionetas de mesa e actor Idioma: galego Sinopse Recreación da historia de Brancaneves con teatro, música en directo e marionetas de mesa talladas en madeira. A historia desenvólvese ao redor dunha gran lareira na que un vello rei lembra […]


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Los cuentos de otro

Pancho é un neno que ama ler. Un día recibe unha visita inusitada: Pepino, unha criatura verde que se aparece no seu cuarto despois de saír do libro que está a ler. A partir dese momento, Pancho buscará un novo conto para Pepino. Atopará ao fin Pepino o seu propio conto?


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: The Puppet Circus

Con vostedes, o exótico Fakir da India: Ravi Ghiringh; Karina Kurisha, que nos demostrará a súa habilidade para o bel canto e a súa capacidade transformista; o Fada Betelgeuse; The Boston Sisters, as dúas belezas xemelgas americanas que nos farán gozar cos seus belos exercicios sobre o trapecio e o arame; a inquietante flor carnívora Gastrum Silvis; o cachorro adestrado Pincho e a terrible bailarina voadora Mantis Relixiosa. E como artista invitado, o funambulista Frango. Todo iso presentado polo noso incomparable director de Pista Mario Net.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Os soños na gaiola

Manuel María quere que o titiriteiro represente os poemas que el escribiu para divertir aos nenos e nenas galegos.
Alicia vivirá unha serie de fantásticas aventuras por un mundo que lle resulta exótico, estraño e mesmo incomprensible. Alicia vai ter que descifrar as pistas para saber que diantres é Galicia e onde está agochada…


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Un botón en mi cabeza

Un botón vermello asoma da cabeza de Clott e convérteo nun neno diferente. Vive tranquilo no campo, amando a natureza, pero un misterioso personaxe está demasiado interesado en que Clott quite o botón. Ofrécelle todo: unha nave espacial, un coche, diñeiro… Clott está tentado e comeza a ver no seu botón un poder insospeitado.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Lucía del espejo… testimonios de una piel…

Lucía é unha bailarina con antecedentes de violencia, o que desencadea un cadro de dependencia afectiva e Bulimia.
Así chega ao límite, decidindo contar a súa historia a través do seu corpo, da súa danza e da súa voz, co único desexo de que xurda o amencer na súa alma.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Don Quijote por la Mancha de Aragón

divertida versión de tres capítulos de Don Quixote que se sitúan en Aragón e que se centran na figura de Maese Pedro, titiriteiro inmortalizado por Cervantes.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: O bigote de Mimí

Un espectáculo baseado no libro homónimo de Manuel María.
Mimí, un gato presumido moi orgulloso do seu bigote, involucra a todo un grupo de música para contarnos como un bo día, deixándose engaiolar polo seu amigo Fiz, tivo que medirse cos ratos e a piques estivo de se converter no cazador cazado…


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Redoblante y Meñique

Coa súa carga de bonecos o titiriteiro aparece ante o público e, ao estilo dos contos medievais, conta a historia de Meñique, un neno tan pequeno que durmía na bota do seu pai e tan intelixente que derrotaba meigos, xigantes e maleficios.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Cineamano

Cineamano toma a forza do cinema para expoñer en gran formato secuencias de imaxes e debuxos que van creando unha narrativa visual efémera. A súa execución en vivo permite contemplar o proceso creativo, narrando historias urbanas, rueiras, que se potencian co trazo expresionista, graffiteiro.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Página 1 de 3123