Galicreques 2016

Espectáculos 2016: Monstruos

Pit, un neno que busca salvar á súa amiga Valentina, enfrontarase a un bruxo, un vampiro, unha caveira e ata un dragón, pero sobre todo enfrontarase aos seus propios medos, porque os monstros e os medos non son o que parecen.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: A guerra das Galicsias

Marticia, atópase en alerta. As súas augas foron contaminadas cunha estraña sustancia que provoca os máis insólitos efectos nos seus habitantes. Detrás destes sucesos atópase o malvado emperador de Omega, planeando unha invasión que só o amor e un pouco de maxia, ao seu debido tempo, poden impedir.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: As Xeneralas da Ulla (pasacalles)

Dúas xeneralas e dúas correos percorren as rúas dacabalo dando vivas e facendo os seus atranques.
Atención, donas e cabaleiros, digan todos a unha voz:
Viva a xente da Ulla e toda a súa familia!
Viva!!!
Viva a xente que nos rodea e mira!
Viva!!!
Viva a música e siga!
Viva!!!


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Bala Perdida

Bala Perdida é un pirata, unha lenda, un ser bondadoso e rosmón, un valente e un xusticeiro, un filibusteiro atlántico entre as néboas dun océano misterioso e milenario. Ao seu carón homes curtidos nos mares, entre treboadas e naufraxios, todos membros da Irmandade da Costa, e xunto deles e do seu espírito aventureiro, un tesouro que queima nas mans.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Cursos 2016: Taller de Cineamano, animación artesanal

CINEAMANO é toda imaxe manipulada manualmente, sen edición, utilizando proxectores de diapositivas e proxectada sobre pantallas tradicionais ou incidentais. O taller pretende xerar un laboratorio de experimentación audiovisual, transitando por diversas experiencias estéticas ao redor da investigación das proxeccións de imaxes, as sombras, os monicreques planos, as texturas, os obxectos translúcidos e distintos materiais susceptibles de ser animados desde un proxector de diapositivas.


Cursos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Página 3 de 3123