Galicreques 2016

Espectáculos 2016: O bigote de Mimí

Un espectáculo baseado no libro homónimo de Manuel María.
Mimí, un gato presumido moi orgulloso do seu bigote, involucra a todo un grupo de música para contarnos como un bo día, deixándose engaiolar polo seu amigo Fiz, tivo que medirse cos ratos e a piques estivo de se converter no cazador cazado…


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Redoblante y Meñique

Coa súa carga de bonecos o titiriteiro aparece ante o público e, ao estilo dos contos medievais, conta a historia de Meñique, un neno tan pequeno que durmía na bota do seu pai e tan intelixente que derrotaba meigos, xigantes e maleficios.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Cineamano

Cineamano toma a forza do cinema para expoñer en gran formato secuencias de imaxes e debuxos que van creando unha narrativa visual efémera. A súa execución en vivo permite contemplar o proceso creativo, narrando historias urbanas, rueiras, que se potencian co trazo expresionista, graffiteiro.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Contos para pasalo de medo

Presentámosvos os “Contos para pasalo de medo”. Cinco historias de terror con amor e humor, narración oral, monicreques e elementos visuais. Contos que axudan a vencer os medos, pensados para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Serenatas embichadas

Pícolo e Margarita elixiron por oficio ser serenateros. Cantan historias que se entrecruzan co amor, a liberdade, os soños e coa esperanza de… que acaben todos os problemas, xogando á rolda de pan e canela. Unha posta que integra o teatro e a música a través de dous personaxes que co humor e o disparate convidan á familia para compartir un novo encontro.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Los sueños de Trucas

Unha avoa conta a historia dun pintor que viviu na súa casa cando ela era nova: Trucas, un artista plástico rueiro, que protagonizou unha loita entre os seus ideais e os seus medos. A posibilidade ou non de poder realizar a súa vocación, a súa obra, a súa arte.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Telón de cielo

“Telón de Cielo” está baseado en pantomimas e historias sen palabras do autor e titiriteiro Guaira Castilla. O tamén titiriteiro Víctor Biau pon en escena esta poética obra, que recupera a maxia dos bonecos de trapo. Historias de flores, de nenas, de malos, de bos, de durmidos, de soñadores.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Juancha y Mariacha

Mariacha e Juancha son unha parella de campesiños andinos que viven cultivando as súas terras en harmonía coa súa contorna. Certo día, a tranquilidade da parella vese perturbada. Un misterioso intruso está a roubarlles, ante o cal Juancha foxe moi asustado mentres que Mariacha fai fronte á situación.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: El gato con botas

Esta recreación para monicreques do clásico infantil de Charles Perrault amósanos un gato que asume a responsabilidade de sacar da pobreza ao seu amo. O Gato quere cumprir un soño: vivir sen cazar ratos.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: La ratita presumida

A ratiña fachendosa verase envolvida nos seus caprichos. Pretendentes e heroes do asfalto daranse cita neste gran maratón de personaxes por conseguir a ratiña. Quen gañará a carreira? Non o perdan…


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Página 2 de 3123