Mesas redondas

Presentación de compañías Galicreques 2011

Luns 3 de Outubro. 12.30 h. Teatro Principal
Rúa nova, 21. Santiago de Compostela

Rolda de prensa para presentar as compañías do festival deste año, con participación dalgúns membros dos grupos El Chonchón (Chile), A la Sombrita (Andalucía), Taller de Arte El Colectivo (Arxentina), Guiñoleros UAS (México) e El Abrojito (Arxentina).

Títeres en Hispanoamérica

Xoves 6 de Outubro 12.30 h. Teatro Principal
Rúa nova, 21. Santiago de Compostela

Mesa redonda na que se debatirá a propósito dos temas “O autor de títeres en Hispanoamérica” e “Proxectos de futuro: líñas de cooperación entre os países de fala hispana e integración das distintas perspectivas no teatro de monicreques”.

Publicacións galardoadas co Premio Barriga Verde 2010 e Entrega do Premio Galicreques 2011

Venres 7 de Outubro. 12.30 h. Teatro Principal
Rúa nova, 21. Santiago de Compostela

A Asociación Cultural Barriga Verde, colabora nos Premios Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques nas modalidades Infantil e Adultos, que convoca anualmente AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais); colabora na difusión do devandito premio e organiza dentro do festival a presentación das publicacións dos últimos textos premiados (2010).

O Premio Galicreques concédese a unha entidade ou persona que destaque especialmente polo seu labor na creación, formación, difusión ou defensa do teatro de monicreques ou ben a unha compañía teatral en recoñecemento pola súa traxectoria no ejercicio destas artes.

Este ano, o premio entrégase a Marta Bautista, da compañía La Mar de Marionetas que, a través de máis de 25 anos de traballo ininterrompido coas súas marionetas en escenarios de Europa, América e África, mantén unha programación estable no Parque do Retiro de Madrid, así como o gran festival de verán “Titirilandia”, que conta con 18 edicións. Participa en foros nacionais e internacionais así como en numerosas publicacións de teatro de monicreques.
Achegamos unha pequena biografía con fotos dos seus espectáculos máis representativos.

Dossier La Mar de Marionetas