• Inicio
  • CACHIRULO EN DIRECTO
  • XIRA CACHIRULO 2023-2024
  • A compañía
  • Mapa do sitio
  • Enlaces
  • Contacto
  • Blog
  • Contacontos de Carmen DomechActividades de Contacontos
  • EspectáculosOs nosos espectáculos de monicreques
  • ExposiciónsExposicións de monicreques
  • ObradoirosObradoiros de monicreques

Títeres Cachirulo

O Tesouro da nosa vila

Espectáculos Programa Proxectos Singulares A Coruña 2022

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña, dentro do programa de subvencións para a produción de Proxectos Singulares de especial interese cultural na provincia da Coruña 2022.

OBXECTIVOS:

Recuperación do espazo de convivencia que albergan as historias, lendas e contos das nosas vilas da Coruña.

A recuperación do espazo máxico e fabuloso pero tamén do lugar físico, dende as fontes, rochas, penedos, soutos, ata os lugares onde viviron persoas que levaron a cabo unha actividade relevante para a comunidade.

ETAPAS:

1.-Traballo de campo: recompilación de historias, testemuñas da veciñanza

2.-Obradoiros de construción de personaxes e guión da obra a representar

3.-Representación da historia local. “O Tesouro da nosa vila”

1.-Onde se agachan os tesouros escondidos da provincia da Coruña, recoller os relatos da veciñanza. Onde xogaban de pequenos. Que lugares máxicos lembran. Que veciñas e veciños tocaban algún instrumento-Bailes-Cancións, coplas, algunha experiencia teatral. Os veciños que emigraron, onde se dirixían, referencias a América, Europa, outros lugares, noticias, cartas. As casas que ficaron abandonadas. Quen moraba nelas. Instrumentos musicais e xogos que se perderon ou que foron por algún motivo especiais, as anécdotas máis curiosas, os chistes e contos, as palabras e frases esquecidas para recuperalas na nosa fala cotiá (recuperación da lingua galega), como eran eses xogos, entretementos, momentos especiais… rescatando o pasado en relación co que pasa na actualidade.

2.-Obradoiro de construción dun relato sobre a vila, cos elementos que nos aportaron os maiores, engadindo as historias da xente moza e das nenas e nenos do lugar. Construción dos personaxes e dos elementos escenográficos.

3.-Con todo o recollido se representará unha obra única que represente unha mirada sobre o pasado do lugar e un desexo de proxección de futuro. Unha mirada sobre o que pasou, sobre a actualidade da vila e sobre como podería ser o seu futuro.

 ……………………………………………………………………………………………………………

Save

Save

Save

Save

Contacta con nosotros si necesitas más información

>> Ir a la página de contacto

0 Comentarios

Comments are closed.



  • Idioma/Language

    • Español
    • Galego
    • English
    • Portugués
  • Espectáculos en cartel/Shows on tour

    • O Apalpador contra o ladrón de xoguetes
    • A historia do Apalpador
    • As xeneralas da Ulla
    • A cabeza do dragón
    • Camiño de aventuras
    • Fío de lúa
    • Zooparque Fantástico
    • O Tesouro da nosa vila
    • Cronopios
    • A Barraca Camiño a Compostela
    • Do, re, mi, Mozart xoga aquí
    • O entroido dos animais
    • O libro da selva
    • Alicia no país das marabillas
    • ¡¡Olé, olé!!
    • Cu-cú, Tas-tás
    • Pinocho
    • Catro contos da China
    • A guerra das Galicsias
    • Xeado de lúa
  • Otros Espectáculos/Other shows

    • Bala Perdida
    • A figueira do demo
© 2025 Títeres Cachirulo - Sitio web de la compañía Cachirulo.
Contacto: cachirulo@titerescachirulo.com | 981 801 237 | 605 880 858
Sitio web: Titerenet | José Bolorino
The Papercut theme by Woo Themes