Outros espectáculos
Bala Perdida
Bala Perdida é un pirata, unha lenda, un corsario a vida, un ser bondadoso e rosmón, un valente e un xusticeiro, un Robin Hood, un John Silver, un capitán Kidd, un filibusteiro atlántico que non habita na illa da Tartaruga senón entre as néboas dun océano ignoto, misterioso e milenario. Ao seu carón, a súa mariñeiría: homes curtidos nos mares, entre treboadas e naufraxios, todos membros da Irmandade da Costa, e xunto deles e do seu espírito aventureiro, un tesouro que queima nas mans.
A figueira do demo
Espectáculo baseado na obra de Roberto Vidal Bolaño Romance dos Figos de Ouro: “auto pra títeres en vinte lances, catro coplas e un sospiro, no que se conta a prodixiosa e certa historia dun Meco que houbo no Grove…”
Fantoches de gran tamaño feitos en madeira, evocando as imaxes do románico mesturadas con fortes expresións e unha evocación o mundo da infancia, serán os encargados de contar esta historia cun soporte musical en directo que vai creando clima e cancións nos distintos cadros da peza. Estamos a falar dunha obra con moitos personaxes e un trepidante ritmo escénico.