Especial Samaín
Contos para pasalo de medo
Da señora Antonia din que é unha meiga. Será polo seu aspecto? Sombreiro picudo, nariz afiada, verruga no rostro, a costa encurvada, andar decidido e saia morada.
Ou polos seus amigos? Bandidos, pantasmas, morcegos e almas.
Pero a señora Antonia, a través de cinco historias, achegaranos a un mundo de tebras onde, co humor, o amor e o terrorrrrr, ímolo pasar de meeeeedooooo.