• Inicio
  • CACHIRULO EN DIRECTO
  • XIRA CACHIRULO 2023-2024
  • A compañía
  • Mapa do sitio
  • Enlaces
  • Contacto
  • Blog
  • Contacontos de Carmen DomechActividades de Contacontos
  • EspectáculosOs nosos espectáculos de monicreques
  • ExposiciónsExposicións de monicreques
  • ObradoirosObradoiros de monicreques

Títeres Cachirulo

Contacontos de Carmen Domech


Contos para pasalo de medo

Da señora Antonia din que é unha meiga. Será polo seu aspecto? Sombreiro picudo, nariz afiada, verruga no rostro, a costa encurvada, andar decidido e saia morada.
Ou polos seus amigos? Bandidos, pantasmas, morcegos e almas.
Pero a señora Antonia, a través de cinco historias, achegaranos a un mundo de tebras onde, co humor, o amor e o terrorrrrr, ímolo pasar de meeeeedooooo.


Pastoreando alegrías

A cabra Micaela e a súa pastora “están como unha cabra”. As alforxas de Micaela, en lugar de queixo e pan, levan contos e contiños todos toliños de atar. Son historias sen sentido que nos fan sorrir, e nos enchen de alegrías e de gañas de vivir. Ven a pastorear a risa e a xogar coas palabras.


Orellas de trapo

Títeres Cachirulo

Aínda que se teñan orellas de trapo, pódense escoitar moitas cousas ao noso arredor.
Imos coñecer o mundo a través do noso entorno inmediato, dos nosos amigos dos contos. E eles vannos axudar a achegarnos aos demais e a coñecernos mellor a nós mesmos.


Elefantes que contan contos

Títeres Cachirulo

Dende a selva profunda, perdida e descoñecida, e a granxa próxima, que nos trae os ovos e o queixo que comemos, veñen animais a falarnos das súas vidas.

Neles vemos o valor da amizade, a cooperación, a riqueza que nos aportan seres doutras culturas, e axúdannos a entender que todos/as somos diferentes e todos/as somos iguais.


Contacontos de libros contentos

Títeres Cachirulo

Os libros da miña casa tolearon por completo. A cada un aconteceulle un suceso incrible e viaxan nunha maleta de acá para alá querendo contar cadaquén a súa historia. Hainos de todo tipo: tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos, ¡pero… ai! Coidado e prudencia, con cautela temos que escoitar algún dos seus relatos, tamén cousas escalofriantes contan estes libros, pois de todo lles pasou.



  • Idioma/Language

    • Español
    • Galego
    • English
    • Portugués
  • Espectáculos en cartel/Shows on tour

    • O Apalpador contra o ladrón de xoguetes
    • A historia do Apalpador
    • As xeneralas da Ulla
    • A cabeza do dragón
    • Camiño de aventuras
    • Fío de lúa
    • Zooparque Fantástico
    • O Tesouro da nosa vila
    • Cronopios
    • A Barraca Camiño a Compostela
    • Do, re, mi, Mozart xoga aquí
    • O entroido dos animais
    • O libro da selva
    • Alicia no país das marabillas
    • ¡¡Olé, olé!!
    • Cu-cú, Tas-tás
    • Pinocho
    • Catro contos da China
    • A guerra das Galicsias
    • Xeado de lúa
  • Otros Espectáculos/Other shows

    • Bala Perdida
    • A figueira do demo
© 2025 Títeres Cachirulo - Sitio web de la compañía Cachirulo.
Contacto: cachirulo@titerescachirulo.com | 981 801 237 | 605 880 858
Sitio web: Titerenet | José Bolorino
The Papercut theme by Woo Themes