Las cosas también tienen mamá

Esta é a historia de Juliette Jacquot, que regresa á casa da súa infancia despois de vinte anos de ausencia. Vén a pasear sobre fragmentos de recordo que irán reconstruíndo retallos mal cosidos dunha historia terrible que nunca encaixou. Coa axuda do seu amigo Pedro, Juliette irá desganduxando unha madeixa que a fará reconsiderar os seus xuízos e revivir a aventura máis marabillosa da súa vida: a súa propia historia.
Sopa 2

“Sopa 2” é a necesaria continuación do primeiro prato de “Sopa”. Espectáculo de gran beleza visual que mestura técnicas e poesía reflexionando sobre o que nos distingue como humanos, a maioría das veces, malas distincións. As historias: “Ser ou non ser “, de Espiña, “O xeneral e a morte” e “Máis tango para sufrir”, entre outras.
Romance dos figos de ouro

¡Nenos e nenas! ¡Mozos e mozas! ¡Donas e cabaleiros! Títeres Cachirulo ten a ledicia de lles ofrecer o “Romance dos figos de ouro”, auto pra títeres en vinte lances, catro coplas e un sospiro, no que se conta a prodixiosa e certa historia dun Meco que houbo no Grove e a doutros moitos menos coñecidos que disque falcatruaron á outra banda da raia de Portugal.
El faro de los corazones extraviados

Un home, unha muller, un faro, unha nena e corazóns, moitos corazóns, case todos extraviados, perdidos nun mar de acontecementos. Recuperar eses corazóns, darlles sentido, ilusión e facer que latexen nunha harmonía de sons compaxinados, é a misión do faro e a nena. Por que? Que acontece cando rompe un corazón? Quen se ocupa de curalo para que se poña ben? A nena vive no faro, xunto a unha praia na que cada mañá recolle os corazóns feridos que quedan alí varados. Ela ocúpase de coidalos para que volvan latexar con forza. Porque un corazón debe estar alegre para poder amar aos demais. A muller e o home, tan só pasaban por alí.
¿Hasta cuándo, Francisca?

A avoa Francisca polas noites sempre lle conta á súa neta Mariana historias antes de durmir. Non obstante esta noite non será así, será Mariana quen lle conte un conto á súa avoa.
Cunha imaxinación desbordante e xoguetona, Mariana relata como a súa avoa co amor a todos os seus veciños e sempre co desexo de facer cousas, vence á morte, debuxándoa como unha señora vaidosa, fachendosa, pero á súa vez torpe e moi divertida.
La bolsa mágica de Willy

O trasniño Willy vive nas terras encantadas de Terramar. O seu traballo é recoller contos, que garda na súa bolsa máxica, para despois contarllos aos nenos. Así pois, todas as mañás, Willy vai buscar historias ao bosque, pero debe facelo con moito coidado, porque estas historias non son doadas de atopar e mesmo pódense escapar.
Cenicienta en tiempos de Velázquez

Espectáculo preciosista que conmove o público familiar. Para os máis pequenos, o ritmo e a sinxela e, á vez, coñecida trama supoñen grandes emocións e diversión, mentres que os maiores gozamos como nenos da beleza plástica e do recordo dunha época que xa Velázquez plasmou con maxia: o tempo de “As Meninas”.
Sopa de ladrones

É a historia de dona Carlota Tolón e Tolón, xubilada, solteiriña e devota de San Antonio, quen a través das súas oracións espera que o santo lle cumpra o milagre, é dicir, darlle un marido.
Un día, ao regreso do mercado, vivirá as máis disparatadas aventuras cun ladrón de pouca monta e un representante do sector empresarial, cuxa tarefa é “rematar” coa fame dos máis pobres. Unha vez arranxados os asuntos, coa axuda dos seus rezos e malia os consellos da xente, dona Carlota decidirá dar por rematada a súa soltería.
Historia de Pelos. 2

Presentamos dúas historias. En “Os tres desexos”, o mago Relichín deixa a Pelos unha barita máxica e un gorro para que sexa mago durante 24 horas. Pelos decide axudar a Maricastaña e a Churripito para que saian dos seus problemas económicos e concédelles tres desexos. Aquí comezarán novos problemas para este matrimonio maior. Risas e emoción están aseguradas ata o final da historia.
En “A cesta máxica” a Pelos regálanlle unha cesta que resulta ser máxica. Antonio el Chori quere roubar a cesta e, a partir de aí, todo se complicará. Aventuras e emoción ata o último minuto.
Golulá

Había un país chamado Golulá, con xente de diferentes formas e cores, mesmo falaban linguas distintas, pero aínda así todos se entendían. Golulá só ten unha nube custodiada polo gardián Bunka, un gorila grande e forte pero de moi bo corazón. En Golulá tamén vive Lara, a mellor amiga de Bunka, xuntos poderían pasar días enteiros. En Golulá todo é felicidade ata que un día o malvado Dr.Terrier rouba a nube. Bunka e Lara emprenderán unha viaxe chea de perigos e trampas para recuperala. Lograrano?