Exposición Itinerante
Con motivo da celebración, o 21 de marzo, do día mundial do títere, o Galicreques 2013 inicia as súas actividades presentando unha exposición a través da cal quere amosar os diferentes tipos de bonecos feitos e distribuídos comercialmente coa intención de achegar personaxes populares do cinema, o cómic, a TV, etc. aos fogares e ás escolas para que nenas e nenos xoguen con eles.
Alí estarán as marionetas dos pallasos da TV dos anos 70, os populares personaxes da factoría Disney, bonecos tradicionais do Brasil, Italia, Francia, Alemaña, Inglaterra ou EE.UU. Un conxunto de máis de 200 pezas de distintas técnicas: marionetas, luvas, variñas, muppets, etc.
Ademais, os visitantes poderán levar de recordo un cartel dalgunha das edicións anteriores do Festival Galicreques.
Biblioteca Pública Ánxel Casal, do 3 de setembro ao 15 de outubro.
Comunicado: Día Mundial de la Marioneta 2013