Alicia en el país de las maravillas

Alicia, aburrida de estudar, queda durmida. No seu sono aparecerá o señor Coello Branco, que chega tarde ao partido de fútbol no xardín da Raíña de Corazóns. Alicia vese envolvida nunha tola persecución ao longo da cal encontrará distintos e simpáticos personaxes que a enfrontarán a divertidas e tolas situacións.


Espectáculos | , ,

Teatriños de papel

SGAE-Fundación Autor
Rúa das Salvadas, 2A. Parque Vista Alegre
15705 Santiago de Compostela
Data por determinar. Setembro-outubro 2012


Exposicións |

Do, re, mi, Mozart xoga aquí

Espectáculo de marionetas de fío talladas en madeira, que locen os seus elegantes movementos nun retablo barroco. Unha invitación do emperador convoca ao neno Mozart a tocar en Palacio. Isto esperta a envexa e desconfianza do mestre de cámara que intentará impedir a celebración do concerto. Pero este neno, vivaz e alegre, o seduce coa súa xenialidade musical, incorporada nos seus xogos e quefaceres cotiáns.


Espectáculos | , ,

Manipulación de títere bocón fronte a cámara

Este curso vai dirixido a titiriteiros profesionais que queren diversificar o seu campo de acción no mundo do audiovisual, aprendendo as técnicas básicas para traballar co monicreque fronte á cámara.
Alf, Teleñecos, Barrio Sésamo ou Fraguel Rock, son algunhas das series que as utilizan.


Cursos |

Dramaturxia para títeres

Curso no que analizaremos algúns dos principais resortes dramáticos a través de conceptos como monicreque, personaxe ou conflito e nos internaremos no campo da escritura para monicreques, desenvolvendo puntos de vista que van do máis cotián ao fantástico. A nivel práctico escribiremos pequenos textos de teatro de títeres e idearemos unha posta en escena en grupo.


Cursos |