El Pirata Barba y la isla del ¿Tesoro?
Dende hai moito tempo o señor de Mirabet e o Pirata Barba están enfrontados polo mapa dun suposto tesouro. O señor de Mirabet cre ter conseguido o mapa, pero en realidade foi Pit, un neno criado por todos e por el mesmo. Xuntos emprenden a viaxe a polo tesouro que está nas Illas Columbretes, base estratéxica do Pirata Barba.
Paga a pena loitar por un tesouro? Que tesouro? Pit fai e desfai e o señor de Mirabet quere levarse a gloria. Ás veces a inocencia é unha arma moi poderosa.
Contos dende a Xanela
“Contos dende A Xanela” é un espectáculo no que os contos tradicionais galegos cobran vida a través dos títeres e son cantados e contados para que os máis cativos pasen un bo momento aprendendo, escoitando e cantando connosco.
A rúa das pantasmas
Nesta aventura o valente Xoanciño e a espelida María enfróntanse ás pantasmas e ó mesmísimo Demo. Ocorre que a casa de María está sendo visitada por estas tenebrosas figuras e só co enxeño de María, unido ás picardías de Xoanciño, lograrán vencelas e desenmascaralas.
El caballero sin caballo
Hai moito tempo, nunha época máxica chea de misteriosos seres e castelos encantados, un trobador cantou esta historia “O Cabaleiro sen Cabalo”. Este singular personaxe, no seu errante camiño, viviu fantásticas aventuras e o seu sono máis prezado, rescatou unha bela princesa das poutas sinistras do malvado Bruxo. Unha historia de acción e disparates en tempos medievais.
La Bella Durmiente
Versión nova, divertida e sorprendente do clásico conto dos Grimm, esta vez contado en verso.
Dous personaxes moi queridos entre os nenos e nenas valencianos: Bombalino e Cuchufleta, 2 pallasos de peseta, encárganse de presentar e conducir o conto e interpretar e manipular 15 marionetas grandes. Ritmo trepidante, sorpresas, risas e algunha bágoa farán que recordemos este espectáculo durante máis de 100 anos.