Presentación de compañías Galicreques 2012
Rúa nova, 21. Santiago de Compostela
Rolda de prensa para presentar as compañías da XVII edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques.
Premios Barriga Verde e Entrega do Premio Galicreques 2012
Rúa nova, 21. Santiago de Compostela
A Asociación Cultural Barriga Verde, colabora nos Premios Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques nas modalidades Infantil e Adultos, que convoca anualmente AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais); colabora na difusión do devandito premio e organiza dentro do festival a presentación das publicacións dos últimos textos premiados.
O Premio Galicreques concédese a unha entidade ou persona que destaque especialmente polo seu labor na creación, formación, difusión ou defensa do teatro de monicreques ou ben a unha compañía teatral en recoñecemento pola súa traxectoria no ejercicio destas artes.
Este ano, o premio Galicreques entrégase a Francisco Peralta, recoñecido artista plástico e gran mestre titiriteiro que, ao longo de máis de 50 anos construíu e realizou algún dos espectáculos máis significativos do teatro de marionetas de España no século XX. As súas creacións estiveron nos teatros e festivais do mundo e obtivo numerosos premios, como a Medalla do Mérito nas Belas Artes, outorgada polo Ministerio de Cultura en 1990.