Marionetas de Malí, África

Marionetas africanas En Malí o teatro de marionetas constitúe unha dos máis fermosos legados da tradición ancestral que afecta arredor dun 80% da poboación. E unha actividade secular que recorre a vez o pasado e o presente, sobre un fondo de tradicións, abarcando distintos aspectos da cultura nacional.

Esta práctica engloba os sistemas tradicionais de organización, a escultura, a música, as tradicións orais e a danza. A actividade titiriteira implica a toda a comunidade sen distinción de clase social o sexo. Pero as representacións son levadas a cabo por mozos organizados nunha asociación tradicional chamada Tòn.

O teatro tradicional de marionetas é unha arte viva e atractiva que, coa súa gran capacidade de mobilización, se revela como garantía da unidade e da cohesión nos medios rurais, mantendo a paz e o equilibrio social.

Ambigú do Teatro Principal Rúa Nova, 21 Santiago de Compostela.
Do 1 a 10 de outubro
Exposicións |