Espectáculos
Espectáculos de títeres en Galicreques
Cabaret on strings
Teatro Principal. Sábado 9 de outubro 20:30. Centro Sociocultural Nemenzo. Domingo 10 de outubro 12:00.
Este Cabaré é unha brillante combinación de música, danza e humor. Os espectadores gozarán coas cancións mexicanas e os pasos afro-americanos. Eles poderán ver a un celoso marido oriental e a Belly unha fermosa e sedutora bailarina; Tabor, o apaixonado xitano e un lánguido dúo a piano da Época da Decadencia, bailarins de Rock-n-roll xunto a esqueletos e outras divertidas e románticas escenas. Un espectáculo único e orixinal cun apaixonante ritmo que fará as delicias dos espectadores.
O Rei Destronado
Local sociocultural A Gracia. Domingo 3 de outubro 12:00.
O porquiño Sisebuto na súa fuxida de Galicia por mor do San Martiño atópase co Ex Rei-León Pepote I O Boíño, ao que chimparan do trono por non saber ser malo. Aí é onde comeza esta divertida aventura. O porquiño é nomeado primeiro ministro de Pepote que para recuperar o seu trono deberá aprender a ser malo. E para poder ser malo necesitará coñecer aos máis malos entre os malos: Alí-Babá, o Pirata ou a Bruxa… pero o único que aprenderá é que as aparencias ás veces enganan e que a mellor forma de reinar é facelo para un mesmo.
Desde mis bolsillos
Local sociocultural Marrozos. Sábado 2 de outubro 12:30. Xoves 7 de octubre 10:00.
Unha muller, unha vendedora de aves e moitos petos de onde van saíndo como por arte de maxia as historias que conta… Son catro contos que falan de valores e de situacións habituais entre os nenos como o medo á escuridade ou a discriminación.
Una vida de cuento
ARTeria Noroeste. Sábado 2 de outubro 18:00. Domingo 3 de outubro 12:30. Luns 4 de outubro 10:00.
No espectáculo abórdanse pasaxes fundamentais da vida do xenial escritor Christian Andersen. A súa infancia pobre en Odense, a súa viaxe á corte de Copenaghe sendo case un neno, a súa forza ante as dificultades e a súa consagración como escritor. Estes son algúns dos momentos que se levan a escena en “Una vida de cuento”. No espectáculo inclúese tamén un dos seus contos máis coñecidos. “El traje nuevo del emperador”.
Küyen, sueño Mapuche
Centro sociocultural Figueiras. Sábado 9 de outubro.
Kuyen, é unha moza mapuche que se prepara a celebrar a máis importante festa do seu pobo, a renovación da terra, é dicir, o We Tripantu en idioma mapuche. Nestes plans coñecerá a un espontáneo amigo “Manque” quen o axudará a seguir nos seus preparativos e tamén, a non abandonar os seus sonos.