Galicreques 05

Festival Internacional de Títeres*do 3 ao 9 de Outubro


 

 compañías / el abrojito

 

compañía el abrojito (arxentina)
obra trapitos y señales
técnica luvas, variñas e boca
idade recomendada infantil

 

Este espectáculo consta de dúas historias curtas, que teñen como lema central o valor da solidariedade, o disfrute de compartir, a protección do ben común e a beleza da amizade:

"Las flores de Clarita", unha historia de enredos e picardías que crea a meiga Aurelia no xardín de Clarita. Por sorte, a nena ten ó seu querido e mimoso can guardián "Tuco", que a axuda a resolver o misterio das flores que se murchan.

"El gato Murrún", o gato Murrún atopa un cómodo e cálido zapato para convertelo na súa casa, pero non esperaba que unha tenra plantiña tamén elixira ese zapato para vivir nel.

O "Pajarraco Paco" é o encargado de presentar estas dúas historias especialmente pensadas para os máis pequenos, e que tamén seducen ao público adulto pola súa tenrura e comicidade.