Galicreques 05

Festival Internacional de Títeres*do 3 ao 9 de Outubro


 

 compañías / anton anderle

 

compañía anton anderle (eslovaquia)
obra o circo máis pequeno do mundo
técnica  
idade recomendada  

Antón Anderle procede dunha familia que leva tres xeracións adicándose a arte do teatro de Títeres. Desde os dez anos comezou a actuar co seu pai, Bohuslav, un artista moi popular en Eslovaquia, e declara non estar satisfeito se non está xogando cunha marioneta.

Os seus espectáculos recrean a tradición do teatro popular de marionetas que se facía a mediados do século pasado.

Posúe una valiosa colección de máis de 800 marionetas que percorreu por todo o mundo.

O seu  repertorio está composto polas obras fundamentais do teatro de marionetas do seu país, así como obras do teatro universal.

O CIRCO MÁIS PEQUENO DO MUNDO
Neste divertido espectáculo de circo interveñen algunhas marionetas con case un século e medio de antigüidade, que xa foron usadas por titiriteros vagabundos. Os protagonistas son: O pallaso e presentador Kuki, Joseph, o home serpe, a china Kung- Lee- Pao con seu paraugas, o xoglar Juan Sincabeza, a bailarina Stella Zuckerinna, o peso pluma Power Robi etc.

A música do espectáculo a interpreta ó acordeón Ján Palovic