Galicreques 2003

    Programación Concellos:
»  Santiago de C.
»  Lugo
» 
Betanzos

    Compañías participantes:
»  Bravonel (Madrid)
»  Cachirulo (Galicia)
»  DNA (Inglaterra)
»  El Chonchón (Chile)
»  El Grillo (Córdoba)

»  La Canela (Jaén)
»  La Mar de M. (Madrid)
»  Plansjet (Bélxica)
»  Tanxarina (Galicia)
»  Teatre Buffo (Valencia)
»  Teatrino dell'Es (Italia)
»  Tiritando (Murcia)
»  Tropos Títeres (Madrid)
»  Txalapartarik (Navarra)
 

    Outras actividades:
»  Exposicions
»  Obradoiros
»  Conferencias
»  Pasarruas

    Información e reservas:
»  Reservas
»  Contacto
»  Información
»  Prezos

    Edicions anteriores:
»  Galicreques 2002
»  Galicreques 2001
»  Galicreques 2000
»  Galicreques 1999
»  Galicreques 1998
»  Galicreques 1997
»  Galicreques 1996

      I premio internacional barriga verde de textos para teatro de titeres
 "I Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Títeres"

 

Galicreques 2003  
tropos títeres

 

información compañías 

compañía:  TROPOS TÍTERES (madrid)
obra:  "y los sueños, sueños son"
duración:  50 minutos
público:  a partir de dez anos
técnica:  bunraku, luvas, variñas

Sinopse

Unha adaptación de La Vida es Sueño de Calderón de la Barca. Unha historia aberta a mil interpretacións que fala dos soños, da vida, da relación entre pais e fillos, da xustiza e da liberdade. Segismundo está pechado nunha torre porque os astros anunciaron que sería un rei malvado. Pero, ¿é xusto pechar a alguén só polo que digan as estrelas? ¿Pechalo polo que pode chegar a facer, aínda que non fixera nada?. Por iso, seu pai, o rei Basilio, decide sacalo da torre e poñelo a proba.  Se Segismundo é capaz de vencer o seu destino quedará libre e poderá reinar ;  senón, volverá a despertar na súa torre.                         

 

información compañías

compañía:  TROPOS TÍTERES (madrid)
obra: "los caballeros de pez"
duración: 50 minutos
público: tódolos públicos
técnica: luvas, varillas, muppet e pupi

 

Sinopse

 

O tío Romance mostra no seu retablo de títeres a historia de dous irmáns nados de xeito sobrenatural pola inxestión dun curiso peixe máxico. Ámbolos irmáns, iguais como dúas gotas de auga, deciden separarse e ir na procura de aventuras.

Un deles chegará preto da cidade de Madrid, onde hai un enorme dragón que pretende comer á princesa. O cabaleiro, valente e desprendido, enfróntase á fera e consegue derrotala. 

Remata casando coa princesa, pero cando sae a ver as súas novas terras, cae prisioneiro dunha vil e malvada bruxa, nai do desdentado dragón. ¿Quen o rescatará das temibles garras da bruxa? ¿Quizais o seu irmán xemelgo?

Unha adaptación do conto tradicional recollido por Fernán Caballero no que se misturan actores e títeres, romances, rimas, música, acción e sobre todo moito, moito humor.  

 

Historial

Tropos nace en 1992 como un grupo universitario de títeres disposto a recuperar a rúa para o teatro de marionetas. Entre 1992 e 1996 creou diversos espectáculos de corta duración que viron a luz nas rúas e parques de Madrid, en pequenos festivais e en actividades benéficas adicadas ó público infantil. 

Entre 1996 e 1998 Tropos traballou cos seguintes grupos de títeres: La Tartana Teatro, El Retablo e  P. Cachivache. Por fin, no 1998, establécese como compañía profesional independente e , en colaboración con P. Cachivache, crea o seu primeiro espectáculo: Federico, unha obra baseada na poesía de Federico García Lorca, e xa en solitario crea unha nova e divertida versión do conto tradicional Los Tres Cerditos. 

 

 

Galicreques 2003