|

 |

Catro insólitas aventuras que nos descubren un cómico e divertido
mundo agachado moi cerca de nós e cheo de inquedantes situacións.
A natureza, a amistade, os disparates humáns, aprendizaxes e xogos
realizados coa maxia do títere chinés que o noso amigo Yang Feng
nos presentou.
UNHA PONTE NA SELVA: Un terremoto crea un novo espacio, producindo
inquedantes encontros entre os animais do lugar.
BOS AMIGOS: O macaco e o urso queren divertirse e semellan dispostos
a convertirse nos malabaristas da selva.
A PORTA CHINA: Pola porta da cidade pasan moitos personaxes
levando e traendo cousas que ás veces son moi difíciles de transportar
e poden xerar graciosas situacións.
A PEQUENA CAZADORA : A pequena gatiña quere aprender a
cazar un rato, pero non é moi sinxelo, sobretodo se non ten nin
idea de cómo son eses animaliños.

Medidas teatriño :
3m ancho. x 4m.
fondo x 3m.alto
Potencia eléctrica: 5.000 w.
Duración: 50 minutos
Tempo de montaxe: 2 horas
Tempo de desmontaxe: 1 hora
Público: Infantil |
|