|

 |

Espectáculo basado no conto de Eduardo Galeano "La piedra arde", no que
Miguel, protagonista da historia, fai unha incursión na horta que ten as mellores
maceiras da comarca, pero alguén vixia,
¡¡ é o can!!. Tenta fuxir coa mazá, tropeza e o can impídelle marchar.
Este encontro vai ser o desencadeante dunha serie de situacións novas na súa
vida que veñen dadas pola amizade que xurde entre el e o señor Pedro, dono do
Can, un amable velliño que pese ó seu aspecto temerario é un home de grande
corazón.
Miguel vai atopar unha pedra máxica que podería devolver a Pedro a súa xuventude
en troco de... (chan, cha, cha, chan)
 Medidas escenario: 4 m fondo x 4 m de ancho
Potencia eléctrica: 5.000 w.
Duración: 50 minutos
Tempo de montaxe: 2 horas
Tempo de desmontaxe: 1 hora
Público: Infantil a partir de 5 anos |
|