• Inicio
  • A compañía
  • Mapa do sitio
  • Enlaces
  • Contacto
  • Blog
  • Contacontos de Carmen DomechActividades de Contacontos
  • EspectáculosOs nosos espectáculos de monicreques
  • ExposiciónsExposicións de monicreques
  • ObradoirosObradoiros de monicreques

Títeres Cachirulo

Teatriños para títeres de dedo-Carmen Domech

Exposicións

Un espazo escénico para os monicreques de dedo.

Quen non se pintou dous ollos e unha boca na xema dun dedo e xogou a que era un personaxe alleo ao seu corpo?

Os monicreques de dedo son un dos xoguetes preferidos dos máis pequenos. A súa sinxeleza, forma e tamaño fan que sexan moi fáciles de manipular e poidan ter unha morea de personaxes nas súas mans.

Cun universo nos seus dedos, mesturan as historias máis fantásticas no seu mundo cotián.

A cociña pódese converter no laboratorio do científico Quelisto ou onde a bruxa MalvaRosa fai as súas apócemas e meigallos. O baño, na nave espacial da  intrépida Estelalonxe, e así toda a casa.

Isto é marabilloso, axúdalles a coñecer o seu mundo, e así mesmo fomenta a  imaxinación, a linguaxe, a comunicación, a creatividade e moitas cousas máis. Todo dun xeito divertido, vivencial e pracenteiro.

Pero tamén é importante desenvolver unha historia nun espazo escénico preparado para tal fin.

Diálogos, entradas e saídas de personaxes, o posible attrezzo necesario enmarcándoo nun teatriño. Unha caixa máxica onde fabricar historias, aínda que sempre poidan saír os personaxes para aventurarse polos arredores.

A proposta desta exposición é animar aos cativos a crear o seu propio teatriño (coa axuda dos seus maiores, se a precisan).

Case todos os monicreques que vedes están comprados en distintos lugares. Pero os  teatriños están feitos a partir de cousas que tiña na casa: caixas de zapatos, arquivadores vellos, cadeiras rotas, botes de diferentes produtos, etc. que, con pinturas, teas e todo tipo de cousas para a súa decoración, transformáronse en retablos para ter o marabilloso mundo do teatro ao alcance da man.

Animádevos a construír o voso propio teatriño e a gozar cos monicreques!



0 Comentarios

Comments are closed.



  • Idioma/Language

    • Español
    • Galego
    • English
    • Portugués
  • Espectáculos en cartel/Shows on tour

    • O Apalpador contra o ladrón de xoguetes
    • A historia do Apalpador
    • As xeneralas da Ulla
    • A cabeza do dragón
    • Camiño de aventuras
    • Fío de lúa
    • Cronopios
    • A Barraca Camiño a Compostela
    • Do, re, mi, Mozart xoga aquí
    • O entroido dos animais
    • O libro da selva
    • Alicia no país das marabillas
    • ¡¡Olé, olé!!
    • Cu-cú, Tas-tás
    • Pinocho
    • Catro contos da China
    • A guerra das Galicsias
    • Xeado de lúa
  • Otros Espectáculos/Other shows

    • Bala Perdida
    • A figueira do demo
© 2023 Títeres Cachirulo - Sitio web de la compañía Cachirulo.
Contacto: cachirulo@titerescachirulo.com | 981 801 237 | 605 880 858
Sitio web: Titerenet | José Bolorino
The Papercut theme by Woo Themes