• Inicio
  • A compañía
  • Mapa do sitio
  • Enlaces
  • Contacto
  • Blog
  • Contacontos de Carmen DomechActividades de Contacontos
  • EspectáculosOs nosos espectáculos de monicreques
  • ExposiciónsExposicións de monicreques
  • ObradoirosObradoiros de monicreques

Títeres Cachirulo

China e a súa contorna

Exposicións

Títeres CachiruloAs creacións dos titiriteiros chineses gardan unha das máis antigas e mellor conservadas tradicións do teatro e, ao mesmo tempo, asombran pola súa minuciosidade e beleza.  Talvez por iso seguen atraendo misteriosamente a todos os que caen baixo a súa mirada.

Así foi como lles ocorreu a Jorge Rey e Carmen Domech, alá polos anos 90, cando chegou ás súas mans o primeiro títere chinés desta colección. Dende aquela, foron máis de dez anos investigando e xuntando bonecos ata chegar ás máis de setenta pezas que  compoñen hoxe esta exposición que se presentou por primeira vez ao público no marco do IX Festival Internacional de Títeres Galicreques.

Esta mostra recolle títeres, marionetas e sombras chinesas que ilustran diferentes técnicas e xéneros do teatro oriental así como unha panorámica do teatro de bonecos dos países do seu entorno: Tailandia, Vietnam, Myanmar, La India, Sri Lanka, Indonesia e Taiwán. A súa intención é achegar ao público esta arte milenaria, conservada sen dúbida grazas á enorme importancia deste tipo de representacións no país e ao labor das grandes familias de titiriteiros.

Ao mesmo tempo, pretende ser unha fiestra aberta dende a que coñecer algo máis desta distante cultura a través dos personaxes que representan as súas historias e entreteñen ás súas xentes dende tempos inmemoriais.

Títeres Cachirulo
Títeres Cachirulo
Títeres Cachirulo

Títeres Cachirulo
Títeres Cachirulo
Títeres Cachirulo

Descargar folleto:

folleto Títeres China galego exterior

folleto Títeres China galego interior

Save

0 Comentarios



Deixa o teu comentario

Click here to cancel reply.

  1. Name (required)

    Mail (required)

    Website

    Message

  • Idioma/Language

    • Español
    • Galego
    • English
    • Portugués
  • Espectáculos en cartel/Shows on tour

    • O Apalpador contra o ladrón de xoguetes
    • A historia do Apalpador
    • As xeneralas da Ulla
    • A cabeza do dragón
    • Camiño de aventuras
    • Fío de lúa
    • Cronopios
    • A Barraca Camiño a Compostela
    • Do, re, mi, Mozart xoga aquí
    • O entroido dos animais
    • O libro da selva
    • Alicia no país das marabillas
    • ¡¡Olé, olé!!
    • Cu-cú, Tas-tás
    • Pinocho
    • Catro contos da China
    • A guerra das Galicsias
    • Xeado de lúa
  • Otros Espectáculos/Other shows

    • Bala Perdida
    • A figueira do demo
© 2023 Títeres Cachirulo - Sitio web de la compañía Cachirulo.
Contacto: cachirulo@titerescachirulo.com | 981 801 237 | 605 880 858
Sitio web: Titerenet | José Bolorino
The Papercut theme by Woo Themes