Biblioteca de Libros Fantásticos

Teatro Principal
Do 30 de setembro ao 6 de outubro


Exposicións | ,

Nanas del mundo

Unha viaxe sonora, visual e poética por nanas e cancións populares para a primeira infancia, procedentes de diferentes culturas e linguas.
O público familiar en próxima intimidade como parte do espazo escénico, un teatro de sombras de deixa ver os seus segredos, narración e músicas do mundo nun camiño cara á diversidade cultural como forma de enriquecemento e valiosa achega ao desenvolvemento das persoas.


Espectáculos | ,

La bolsa mágica de Willy

O trasniño Willy vive nas terras encantadas de Terramar. O seu traballo é recoller contos, que garda na súa bolsa máxica, para despois contarllos aos nenos. Así pois, todas as mañás, Willy vai buscar historias ao bosque, pero debe facelo con moito coidado, porque estas historias non son doadas de atopar e mesmo pódense escapar.


Espectáculos | , ,

Auzokideak

Os protagonistas son nenos e nenas que nos mostran a diversidade existente hoxe en día na nosa sociedade: diversidade funcional, diversidade de etnias…
Viven no mesmo barrio. A súa felicidade pende dun fío. Cada un deles contaranos as súas aventuras.


Espectáculos | , ,

El Patito Feo de Bombalino y Cuchufleta

O Patito Feo, a obra universal de H.C. Andersen, é “asaltada” polos pallasos Bombalino e Cuchufleta para darlle o seu particular sentido do humor e recreación deste pequeno e feo parrulo que acaba voando como un cisne. Humor, cancións, marionetas e pallasos no máis puro estilo de La Estrella. O Patito Feo remove cuestións como a solidariedade, o compañeirismo, o cariño, o respecto, a comprensión cara ao “diferente”, a superación e o espírito de loita tan necesarios nos nosos tempos.


Espectáculos | ,

Pinocho

Pinocho sérvenos de soporte para contar unha historia na que o abandono, a necesidade de mentir ou falsear a verdade e a necesidade de mellorar a autoestima son puntos de reflexión na detección e loita contra o fracaso escolar. Pinocho, as súas peripecias fantásticas, os seus desplantes, unidos á súa grande emotividade, rompen cos moldes tradicionais dos relatos para nenos; esta é posiblemente a clave para a súa intemporalidade e a súa vixencia na actualidade.


Espectáculos | ,

Caperucita Roja

Érase unha vez, hai moito tempo, unha meniña cuxa nai a adoraba e a súa avoa a quería aínda máis. Esta boa muller teceu para a súa filla unha carapucha vermella como as que usaban as damas elegantes para cabalgar. Tan ben lle quedaba, que pronto a chamaron Carapuchiña Vermella. “Tes que ir á casa da avoíña, a pobre está enferma. Levaraslle esta torta de anís e esta botella de aceite.”


Espectáculos | ,