El faro de los corazones extraviados

Un home, unha muller, un faro, unha nena e corazóns, moitos corazóns, case todos extraviados, perdidos nun mar de acontecementos. Recuperar eses corazóns, darlles sentido, ilusión e facer que latexen nunha harmonía de sons compaxinados, é a misión do faro e a nena. Por que? Que acontece cando rompe un corazón? Quen se ocupa de curalo para que se poña ben? A nena vive no faro, xunto a unha praia na que cada mañá recolle os corazóns feridos que quedan alí varados. Ela ocúpase de coidalos para que volvan latexar con forza. Porque un corazón debe estar alegre para poder amar aos demais. A muller e o home, tan só pasaban por alí.