Mesas redondas

Presentación do libro de Xaime Iglesias: “José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde”

Xoves 3 de outubro – 13:00 h – Teatro Principal

Presentación do libro que narra a historia desta mítica compañía de monicreques (Barriga Verde), que percorreu toda Galicia coa súa barraca facendo espectáculos entre as décadas 40, 50 e 60. Ademais, este libro vai prologado polo director do festival, Jorge Rey, quen realizará unha semblanza da importancia desta compañía xunto ao autor da obra.

Premios Barriga Verde e Entrega do Premio Galicreques 2013

Venres 4 de outubro – 13:00 h – Teatro Principal

A Asociación Cultural Barriga Verde, colabora nos Premios Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques nas modalidades Infantil e Adultos, que convoca anualmente AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais); colabora na difusión do devandito premio e organiza dentro do festival a presentación das publicacións dos últimos textos premiados.

O Premio Galicreques concédese a unha entidade ou persona que destaque especialmente polo seu labor na creación, formación, difusión ou defensa do teatro de monicreques ou ben a unha compañía teatral en recoñecemento pola súa traxectoria no ejercicio destas artes.
Este ano, o galardoado é a compañía andaluza La Gotera de Lazotea pola súa traxectoria, ao longo da cal realizou importantes espectáculos, sempre buscando unha liña de traballo propia, creativa e innovadora baseada na tradición popular do teatro de monicreques e marionetas. A parte do seu labor como compañía, La Gotera de Lazotea destaca polo seu compromiso coa profesión, destacando a organización de festivais, programacións, publicacións, talleres, etc. Nos últimos anos, a aposta por novos espazos alternativos foi un dos seus últimos grandes acertos, como a programación que realiza en el Patio de Títeres de Jerez de la Frontera.

Congreso UNIMA Federación España

Sábado 5 de octubre

Este ano 2013, asistiremos a unha edición cun carácter moi especial xa que temos previsto acoller o Congreso UNIMA Federación España, cita de relevancia xa que no 2014 España será sede do congreso mundial.