Sopa de ladrones

Nome da compañía: Titiritainas
Técnica: Luvas
Idioma: Castelán
Duración: 50 minutos
Idades recomendadas: A partir de 4 anos


Sinopse
É a historia de dona Carlota Tolón e Tolón, xubilada, solteiriña e devota de San Antonio, quen a través das súas oracións espera que o santo lle cumpra o milagre, é dicir, darlle un marido.
Un día, ao regreso do mercado, vivirá as máis disparatadas aventuras cun ladrón de pouca monta e un representante do sector empresarial, cuxa tarefa é “rematar” coa fame dos máis pobres. Unha vez arranxados os asuntos, coa axuda dos seus rezos e malia os consellos da xente, dona Carlota decidirá dar por rematada a súa soltería.

Zona C
Mércores 2 de outubro 19:00 h
Xoves 3 de outubro 11:00 h
Venres 4 de outubro 11:00 h
Teatro Principal
Sábado 5 de outubro 17:00 h
Entradas
Espectáculos | , ,