Taller de guión para títeres

Impartido por: Javier Peraza, da compañía Teatro Cachiporra (Uruguai)
Duración: 10 horas
Datas: do luns 30 de setembro ao xoves 3 de outubro
Horario: de 16:30 h a 19:00 h
Lugar: SGAE Fundación Autor (Rúa Salvadas, 2A. Parque de Vista Alegre. Santiago de Compostela)
Prezo: 50 €
Prezo reducido (socios de UNIMA e amigos de UNIMA Galicia): 25 €
Prazas: 12 persoas


Por que un taller de guión para monicreques?

Porque é unha necesidade fundamental para a montaxe de espectáculos con monicreques e obxectos e non conta cun espazo claramente delimitado na actividade da arte dos monicreques.

O guión para monicreques ten puntos en común co texto para actores, pero tamén ten características ben diferentes que deben estar en consonancia coa linguaxe dos bonecos.

Precisamente a linguaxe, ou mellor dito as linguaxes que nos ofrecen as diferentes técnicas de monicreques (luva, sombras, vara, teatro negro, etc.) son un abanico de posibilidades moi amplo, onde debemos elixir continuamente para obter o mellor resultado estético e de contido.

Que faremos durante o taller?
  1. Explorar algún tipo de método que nos facilite darlle forma de guión ás nosas ideas orixinais e ás adaptacións de textos doutros autores.
  2. O guión para monicreques, a diferenza do realizado para actores, non só debe dar relevancia aos diálogos, senón tamén ás situacións visuais, sonoras e de transformación.
  3. Para iso solicitaremos aos participantes que acheguen problemas de posta en escena que teñan en mente. Con esas ideas analizaremos que técnica titiritesca resulta máis apropiada e logo elaboraremos un esquema de guión resolto en situacións.
  4. Con este material experimentaremos un borrador de actuación para corroborar a súa funcionalidade.

  5. Información sobre matrícula e inscricións

Cursos |