Espectáculos

Espectáculos de títeres en Galicreques

Cu-cú, Tas-tás (espectáculo para bebés)

Eespectáculo para bebés

Cu-cú, tas-tás, co revés imos xogar. Conceptos sinxelos de opostos. Espectáculo visual e musical que intenta potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa. Cucú Tastás é un trasniño que quere facer as cousas ben e non confundir cheo-baleiro, arriba-abaixo, preto-lonxe, pequeno-grande… E a súa familia e amigos van axudalo a aprender. Polas características da obra haberá un máximo de 25 bebés máis os seus acompañantes.


Espectáculos | ,

Auzokideak

Os protagonistas son nenos e nenas que nos mostran a diversidade existente hoxe en día na nosa sociedade: diversidade funcional, diversidade de etnias…
Viven no mesmo barrio. A súa felicidade pende dun fío. Cada un deles contaranos as súas aventuras.


Espectáculos | , ,

El carromato de los sueños

Espectacular carromato que nos evoca un mundo poético e de fantasía.
A máquina dos soños é un autentico laboratorio onde os soños de cada ser chegan para comezar un camiño de casualidades, encontros e desencontros.
Unha aposta creativa onde monicreques, obxectos, música en vivo, traballo actoral e un facerse realidade os soños ou quedar durmidos para sempre dan vida aos protagonistas de esta historia, ARANDELAS e ANDORIÑA, que como auténticos alquimistas sacados dun mundo antigo, veñen no seu incrible carromato cheo de sorpresas a facernos partícipes e principais facedores dos nosos propios desexos.


Espectáculos |

El Patito Feo de Bombalino y Cuchufleta

O Patito Feo, a obra universal de H.C. Andersen, é “asaltada” polos pallasos Bombalino e Cuchufleta para darlle o seu particular sentido do humor e recreación deste pequeno e feo parrulo que acaba voando como un cisne. Humor, cancións, marionetas e pallasos no máis puro estilo de La Estrella. O Patito Feo remove cuestións como a solidariedade, o compañeirismo, o cariño, o respecto, a comprensión cara ao “diferente”, a superación e o espírito de loita tan necesarios nos nosos tempos.


Espectáculos | ,

Historia de Pelos. 2

Presentamos dúas historias. En “Os tres desexos”, o mago Relichín deixa a Pelos unha barita máxica e un gorro para que sexa mago durante 24 horas. Pelos decide axudar a Maricastaña e a Churripito para que saian dos seus problemas económicos e concédelles tres desexos. Aquí comezarán novos problemas para este matrimonio maior. Risas e emoción están aseguradas ata o final da historia.
En “A cesta máxica” a Pelos regálanlle unha cesta que resulta ser máxica. Antonio el Chori quere roubar a cesta e, a partir de aí, todo se complicará. Aventuras e emoción ata o último minuto.


Espectáculos | ,

Donde está marcada la X

Nat Barlet, un frustrado aspirante a capitán, xunto co Dr. Higgins, planea encerrar nun psiquiátrico ao Capitán Barlet… o seu pai, quen vive á eterna espera do retorno do seu barco, A Marie Ellen; quen traerá de volta non só a súa tripulación, senón o tesouro que se atopa onde está marcada a X.


Espectáculos |

Pinocho

Pinocho sérvenos de soporte para contar unha historia na que o abandono, a necesidade de mentir ou falsear a verdade e a necesidade de mellorar a autoestima son puntos de reflexión na detección e loita contra o fracaso escolar. Pinocho, as súas peripecias fantásticas, os seus desplantes, unidos á súa grande emotividade, rompen cos moldes tradicionais dos relatos para nenos; esta é posiblemente a clave para a súa intemporalidade e a súa vixencia na actualidade.


Espectáculos | ,

Caperucita Roja

Érase unha vez, hai moito tempo, unha meniña cuxa nai a adoraba e a súa avoa a quería aínda máis. Esta boa muller teceu para a súa filla unha carapucha vermella como as que usaban as damas elegantes para cabalgar. Tan ben lle quedaba, que pronto a chamaron Carapuchiña Vermella. “Tes que ir á casa da avoíña, a pobre está enferma. Levaraslle esta torta de anís e esta botella de aceite.”


Espectáculos | ,

Golulá

Había un país chamado Golulá, con xente de diferentes formas e cores, mesmo falaban linguas distintas, pero aínda así todos se entendían. Golulá só ten unha nube custodiada polo gardián Bunka, un gorila grande e forte pero de moi bo corazón. En Golulá tamén vive Lara, a mellor amiga de Bunka, xuntos poderían pasar días enteiros. En Golulá todo é felicidade ata que un día o malvado Dr.Terrier rouba a nube. Bunka e Lara emprenderán unha viaxe chea de perigos e trampas para recuperala. Lograrano?


Espectáculos | ,

Página 2 de 212