Espectáculos
Espectáculos de títeres en Galicreques
Las cosas también tienen mamá
Esta é a historia de Juliette Jacquot, que regresa á casa da súa infancia despois de vinte anos de ausencia. Vén a pasear sobre fragmentos de recordo que irán reconstruíndo retallos mal cosidos dunha historia terrible que nunca encaixou. Coa axuda do seu amigo Pedro, Juliette irá desganduxando unha madeixa que a fará reconsiderar os seus xuízos e revivir a aventura máis marabillosa da súa vida: a súa propia historia.
Nanas del mundo
Unha viaxe sonora, visual e poética por nanas e cancións populares para a primeira infancia, procedentes de diferentes culturas e linguas.
O público familiar en próxima intimidade como parte do espazo escénico, un teatro de sombras de deixa ver os seus segredos, narración e músicas do mundo nun camiño cara á diversidade cultural como forma de enriquecemento e valiosa achega ao desenvolvemento das persoas.
Sopa 2
“Sopa 2” é a necesaria continuación do primeiro prato de “Sopa”. Espectáculo de gran beleza visual que mestura técnicas e poesía reflexionando sobre o que nos distingue como humanos, a maioría das veces, malas distincións. As historias: “Ser ou non ser “, de Espiña, “O xeneral e a morte” e “Máis tango para sufrir”, entre outras.
Títeres a cielo abierto
Un monstro do centro da terra parece un terrorífico ser. Pero rapidamente descubrirase que Benigno Escalante é un sociable e tenro monstro alaranxado.
Un cuadrilleiro chamado Perigo ven decidido a conquistar o mundo e busca entre o público aos seus novos secuaces. Conseguirá atopar 3 nenos malvados que o axuden a concretar o seu maléfico plan? Ou será máis forte o desexo de conservar e protexer o noso planeta e os seres que viven nel?
Hai monicreques que nacen séndoo e hai monicreques que van descubrindo o que son co paso do tempo. Manu e o seu monicreque, Luis, intentan poñerse de acordo sobre quen manda, un conflito clásico. Manu enfurecido formúlalle a Luis unha verdade: “Ti es un títere”. Todo cambia cando Luis decide irse…
Romance dos figos de ouro
¡Nenos e nenas! ¡Mozos e mozas! ¡Donas e cabaleiros! Títeres Cachirulo ten a ledicia de lles ofrecer o “Romance dos figos de ouro”, auto pra títeres en vinte lances, catro coplas e un sospiro, no que se conta a prodixiosa e certa historia dun Meco que houbo no Grove e a doutros moitos menos coñecidos que disque falcatruaron á outra banda da raia de Portugal.
El faro de los corazones extraviados
Un home, unha muller, un faro, unha nena e corazóns, moitos corazóns, case todos extraviados, perdidos nun mar de acontecementos. Recuperar eses corazóns, darlles sentido, ilusión e facer que latexen nunha harmonía de sons compaxinados, é a misión do faro e a nena. Por que? Que acontece cando rompe un corazón? Quen se ocupa de curalo para que se poña ben? A nena vive no faro, xunto a unha praia na que cada mañá recolle os corazóns feridos que quedan alí varados. Ela ocúpase de coidalos para que volvan latexar con forza. Porque un corazón debe estar alegre para poder amar aos demais. A muller e o home, tan só pasaban por alí.
¿Hasta cuándo, Francisca?
A avoa Francisca polas noites sempre lle conta á súa neta Mariana historias antes de durmir. Non obstante esta noite non será así, será Mariana quen lle conte un conto á súa avoa.
Cunha imaxinación desbordante e xoguetona, Mariana relata como a súa avoa co amor a todos os seus veciños e sempre co desexo de facer cousas, vence á morte, debuxándoa como unha señora vaidosa, fachendosa, pero á súa vez torpe e moi divertida.
La bolsa mágica de Willy
O trasniño Willy vive nas terras encantadas de Terramar. O seu traballo é recoller contos, que garda na súa bolsa máxica, para despois contarllos aos nenos. Así pois, todas as mañás, Willy vai buscar historias ao bosque, pero debe facelo con moito coidado, porque estas historias non son doadas de atopar e mesmo pódense escapar.
Cenicienta en tiempos de Velázquez
Espectáculo preciosista que conmove o público familiar. Para os máis pequenos, o ritmo e a sinxela e, á vez, coñecida trama supoñen grandes emocións e diversión, mentres que os maiores gozamos como nenos da beleza plástica e do recordo dunha época que xa Velázquez plasmou con maxia: o tempo de “As Meninas”.
Sopa de ladrones
É a historia de dona Carlota Tolón e Tolón, xubilada, solteiriña e devota de San Antonio, quen a través das súas oracións espera que o santo lle cumpra o milagre, é dicir, darlle un marido.
Un día, ao regreso do mercado, vivirá as máis disparatadas aventuras cun ladrón de pouca monta e un representante do sector empresarial, cuxa tarefa é “rematar” coa fame dos máis pobres. Unha vez arranxados os asuntos, coa axuda dos seus rezos e malia os consellos da xente, dona Carlota decidirá dar por rematada a súa soltería.