Bom Borom Bom Bom!

Esta é a historia dos habitantes dun parque, nun pobo, que pode ser o teu ou o meu, e aparecen xentes estrañas que queren apoderarse do lugar para instalar os seus negocios. Cousa que non lles será tan doada…
As, os, @s

Dúas historias cheas de poesía e bo humor enlazadas pola danza das letras.
Lilith é unha cucuyé e como tal debe ter a pel suave e rosa. Pero a ela entristécelle estar encerrada nun xardín e comer só flores de sabor nada agradable mentres os cucuyés corren polo bosque, nadan no río e comen os froitos das árbores. Pasarán moitas cousas ata que Lilith tome unha importante decisión.
Arón quere ser bailarín. A súa nai apóialle, pero non ten o beneplácito do seu pai, que quere que se dedique a outras cousas. Os seus amigos tampouco o poñen doado. No pobo celébrase unha mostra de habilidades que dará un xiro á situación.
La Celestina

Celestina é unha xograresa que presenta a “Traxicomedia de Calisto e Melibea”. Xoga con monicreques e máscaras, para representar os amos e os criados, aos personaxes da clase alta e a baixa, manexados, manipulados por ela, por esa vella, alcaiota e feiticeira.
Celestina quere contar o que viu ao longo da súa vida acerca do amor, non só o que outros dixeron, senón aquilo que ela coñece por experiencia.
Monsters Show

Este é un espectáculo de extravagantes e excéntricos fenómenos de feira. Unha proposta escénica que reúne e combina en clave de humor as linguaxes escénicas na rúa con dinamismo atractivo para todos os públicos.
Un fantástico cabaré de esperanzas, desexos, anhelos, medos, de felicidade e desdita. Unha troupe de estrañas criaturas estimulantes e dementes. Unha pantomima de humor, horror e amor… sobrenatural.
Prometeo

Zeus enviou aos irmáns Prometeo e Epimeteo coa tarefa de asignar a cada un dos animais calidades diversas e habilidades naturais. Algúns dotáronse de ás, outros recibiron patas veloces, poutas… Cando chegou ao home, Epimeteo esgotara todos os recursos. Entón Prometeo roubou o lume aos deuses…
Bag Lady

The Bag Lady Theater… esa dama que dá alento a alegres e tristes, brancas e presuntuosas bolsas de plástico… nacen da escuridade, transfórmanse co seu corpo en pequenos e medianos personaxes, e sen palabras, co silencio e a música vannos contando anacos da súa vida que iluminan pouco a pouco o escuro escenario.
Blancanieves

Orixinal espectáculo, onde os personaxes son botes de limpeza, cepillos, baetas e outros obxectos que podemos atopar nas nosas casas. A posta en escena busca espertar a capacidade evocadora dos nenos que, desde o principio, identifican a Blancanieves, e rin cos ananitos, que son botes dun limpador de vitrocerámica.
Pinocho

TEATRO PRINCIPAL
SÁBADO 8 de outubro 20:30.
Un distinguido antropólogo descobre unha vella civilización de máis de 3000 anos.
A través deste achado recréanos satiricamente a nosa sociedade, observando de xeito irónico e sarcástico os principais defectos que tivemos os seres humanos para convivir cos nosos semellantes.
O propietario, ser ou non ser, os bos modais e a obstinación das mulleres. Son os diálogos que integran este reflexivo espectáculo.