Alicia en el país de las maravillas

Alicia, aburrida de estudar, queda durmida. No seu sono aparecerá o señor Coello Branco, que chega tarde ao partido de fútbol no xardín da Raíña de Corazóns. Alicia vese envolvida nunha tola persecución ao longo da cal encontrará distintos e simpáticos personaxes que a enfrontarán a divertidas e tolas situacións.


Espectáculos | , ,

La Celestina

Celestina é unha xograresa que presenta a “Traxicomedia de Calisto e Melibea”. Xoga con monicreques e máscaras, para representar os amos e os criados, aos personaxes da clase alta e a baixa, manexados, manipulados por ela, por esa vella, alcaiota e feiticeira.
Celestina quere contar o que viu ao longo da súa vida acerca do amor, non só o que outros dixeron, senón aquilo que ela coñece por experiencia.


Espectáculos | , ,