Contos dende a Xanela

“Contos dende A Xanela” é un espectáculo no que os contos tradicionais galegos cobran vida a través dos títeres e son cantados e contados para que os máis cativos pasen un bo momento aprendendo, escoitando e cantando connosco.
Do, re, mi, Mozart xoga aquí

Espectáculo de marionetas de fío talladas en madeira, que locen os seus elegantes movementos nun retablo barroco. Unha invitación do emperador convoca ao neno Mozart a tocar en Palacio. Isto esperta a envexa e desconfianza do mestre de cámara que intentará impedir a celebración do concerto. Pero este neno, vivaz e alegre, o seduce coa súa xenialidade musical, incorporada nos seus xogos e quefaceres cotiáns.
Pinocho

TEATRO PRINCIPAL
SÁBADO 8 de outubro 20:30.
Un distinguido antropólogo descobre unha vella civilización de máis de 3000 anos.
A través deste achado recréanos satiricamente a nosa sociedade, observando de xeito irónico e sarcástico os principais defectos que tivemos os seres humanos para convivir cos nosos semellantes.
O propietario, ser ou non ser, os bos modais e a obstinación das mulleres. Son os diálogos que integran este reflexivo espectáculo.