Dramaturxia para títeres

Impartido por: Jorge Rey, da compañía Títeres Cachirulo
Duración: 9 horas
Datas: do martes 2 ao xoves 4 de outubro
Horario: de 10:00 h a 13:00 h
Lugar: SGAE Fundación Autor
(Rúa Salvadas. 2A. Parque de Vista Alegre. Santiago de Compostela)
Prezo: 50 €
Prezo reducido (socios de UNIMA e amigos de UNIMA Galicia): 25 €
Prazas: 12 persoas


Presentación:

Curso no que analizaremos algúns dos principais resortes dramáticos a través de conceptos como monicreque, personaxe ou conflito e nos internaremos no campo da escritura para monicreques, desenvolvendo puntos de vista que van do máis cotián ao fantástico. A nivel práctico escribiremos pequenos textos de teatro de títeres e idearemos unha posta en escena en grupo.

Contidos:
Primeira Unidade

. Definición de monicreque e de teatro de monicreques. Diferenzas e similitudes
. Síntese de técnicas titiriteiras
. A problemática do repertorio. Dramaturxia existente: prototipos e estereotipo
. Un teatro sen límites. A opción da síntese no universo do absurdo
. Escribir para monicreques: a gramática do obxecto
. O diálogo imprescindible
. Para quen se escribe?
. Escribir para nenos, é diferente?
. Exercicio de escritura e posta en escena

Segunda Unidade

. A forma dramática na tradición titiriteira
. A ferramenta do dramaturgo
. O personaxe
. O conflito do conflito no teatro de bonecos
. As infinitas inspiracións
. O cotián e o fantástico, dúas dimensións que se combinan. As formas da imaxinación
. A mirada do boneco. A mecánica do punto de vista
. Exercicio de escritura e posta en escena

Terceira Unidade

. En palabras propias: a adaptación. Como adaptar para monicreques
. O punto de partida do visual
. Os distintos tipos de versións
. Adaptar e respectar. O que non suma, resta
. O “traduttore tradittore” (tradutor traidor)
. Exercicio de escritura e posta en escena

Metodoloxía:

A primeira parte do taller realizamos un traballo colectivo e en grupo con pequenos exemplos prácticos. Na segunda escribimos individualmente e ideamos unha posta en escena en grupo.


Información sobre matrícula e inscricións

Cursos |