Amor de Cuentos

TEATRO PRINCIPAL
MARTES 4 de outubro 20:30.
Contos… contos…! Vendo contos! Así pregoa a súa fantasiosa mercadoría o personaxe de ” La Niña que riega la Albahaca y el Príncipe Preguntón ” de Federico García Lorca, unha das historias que se representan neste “Amor de Cuentos”. Os monicreques representan tamén a fábula “Historia de Burros”, o curioso caso do “culete rebelde” de Omar Pompeyo e disfrázanse de piratas en ” La Princesa del mar de la Trola “. Todos estes fabulosos contos aderezados con poemas de Alberti, Becker, Machado e Gloria Fuertes. Versos sonoros, marabillosos e cantareiros que acompañarán aos nosos nenos durante toda a súa vida. Un espectáculo que se coa polos ollos e os oídos, que explota coa risa e que aniña no corazón. Fantasía e poesía para estes tempos tan prosaicos e tan serios.


Espectáculos | , ,

La República del Caballo Muerto

TEATRO PRINCIPAL
SÁBADO 8 de outubro 20:30.
Un distinguido antropólogo descobre unha vella civilización de máis de 3000 anos.
A través deste achado recréanos satiricamente a nosa sociedade, observando de xeito irónico e sarcástico os principais defectos que tivemos os seres humanos para convivir cos nosos semellantes.
O propietario, ser ou non ser, os bos modais e a obstinación das mulleres. Son os diálogos que integran este reflexivo espectáculo.


Espectáculos | , ,

Manipulación de monicreques de luva

“Rutas de Polichinela” é unha introdución ao mundo fascinante do teatro de monicreques popular de luva, co fin de coñecer as súas técnicas máis ancestrais así como os seus segredos dramatúrxicos, para logo poder aplicalos nunha visión máis ampla do teatro de marionetas, onde tamén participa o obxecto.


Cursos |

Página 2 de 212