“Títeres de América Latina”

Teatro Principal
Rúa Nova, 21. Santiago de Compostela
Do 1 ao 15 de outubro


Exposicións |

El EnmaZcarado

TEATRO PRINCIPAL
LUNS 3 de outubro 11:30. DOMINGO 9 de outubro 20:30.
Un novo Comendador impón con rigor e desatino as súas ideas de dominación ao pobo monicrequeiro; pretende, literalmente, cambiar a cabeza dos monicreques por unha idéntica á súa.
O Enmazcarado regresa dunha longa viaxe e inmediatamente, xunto con María Monserrat, encabeza a resistencia contra os abusos do tirano.
O brandir das espadas, as persecucións dos lanceiros, insólitas acrobacias e a vocación de xustiza do Enmazcarado, que intentará que ningún monicreque quede sen cabeza, serán o pano de fondo para esta aventura titiriteira.


Espectáculos | , ,

Juanito y los frijoles mágicos

TEATRO PRINCIPAL
MÉRCORES 5 de outubro ás 11:30.
Adaptación do conto clásico da literatura infantil dos irmáns Grimm.
A historia fala dun neno imaxinativo e soñador que se ve obrigado a vender a súa vaca. Non obstante, este cámbiaa por uns feixóns máxicos que lle levan ata a casa dun ogro, onde debe atravesar situacións cheas de humor e perigo. O conto posúe unha sentenza que permite ao pequeno espectador animarse a coñecer o mundo que o rodea tendo en conta os límites e perigos que hai nel.


Espectáculos | , ,

Nana Luna

TEATRO PRINCIPAL
VENRES 7 de outubro: 11:30.
Unha viaxe lunática – poética – musical
É o soño dun neno que…
Está na Lúa!
De 2 músicos e 1 actriz que…
Están na Lúa!

Unha linguaxe teatral chea de licenzas, arroupada polos acordes da guitarra e o ritmo da percusión, entre teas, instrumentos e marionetas todo transfórmase, recréase, fúndese en constante acción.
De canción en canción, a voz humana chega directamente ao corazón.
En escena o espectáculo créase tenro, desenfadado e cómico, onde nenos e adultos poden extraer distintas lecturas axeitadas a cada idade.


Espectáculos | , ,

El Señor del Mar

TEATRO PRINCIPAL
MARTES 4 de outubro 11:30. DOMINGO 9 de outubro 17:00.
O Señor do Mar, Quesmi, Sr. do pobo Spondylus, é traizoado por Quesque (o seu irmán), o mesmo que lle dá de beber a apócema do sono eterno para usurpar o poder e o amor da Sra.. Marea, Muller de Quesmi. Os deuses escoitan o clamor do pobo e envían á axudante araña para espertar ao Sr. Quesmi. Aquí comezan as aventuras do noso heroe…


Espectáculos | , ,

O Nariz, de Nikolay Gogol

TEATRO PRINCIPAL
MÉRCORES 5 de outubro 20:30.
O Maior Kovaliov descobre que o seu nariz desapareceu e vai a buscalo. Encontra ao seu propio nariz paseando cun uniforme bordado en ouro, de colo alto, pantalóns de baeta e unha espada. O Maior conversa indignado co seu impoñente e importante nariz, pero este asegura non o coñecer.


Espectáculos | , ,

ReCuerdos

ARTERIA NOROESTE
MARTES 4 de outubro 10:30.
TEATRO PRINCIPAL
XOVES 6 de outubro 20:30.
ReCuerdos é un espectáculo onde converxen catro historias diferentes que teñen como eixe as relacións humanas.
En “El negro contento”, monicreques e actor recrean un poema de Raúl G. Tuñón que ten como protagonistas a un Lustrabotas e a un Monicrequeiro. ” Padre hay uno sólo ” conta a historia dun fillo que desafía ao seu pai. En “Capricho” os personaxes sepáranse e únense por un antollo. Finalmente, en “Ramón”, inspirada en poemas de León Felipe e Juan R. Jiménez, un monicreque vive aferrado a un recordo.


Espectáculos | , , ,

Sopa

TEATRO PRINCIPAL
LUNS 3 de outubro 20:30. SÁBADO 8 de outubro 17:00.
A pregunta é: por que algúns homes deben someter aos demais facendo uso do poder que circunstancialmente posúen? Esa é a reflexión que formula “Sopa” a través de cinco historias: “El Propietario” de Roberto Espina, “Educación Inicial”, “Tango”, “Tentación” e “Carlitos”, estas últimas creadas pola propia compañía.
É un espectáculo que busca a reflexión do espectador sobre o futuro da humanidade.


Espectáculos | , ,

Teatro de la Plaza

TEATRO PRINCIPAL
VENRES 7 de outubro 20:30.
Nun incrible exemplo de aproveitamento e reciclaxe dos “desperdicios” dunha gran cidade, o espectáculo conta a historia dun “cartoneiro” (desempregado que gaña o seu sustento reciclando refugallos nos recolledores de lixo) no seu traballo diario polas rúas.
No amañecer dun novo día, furgando entre o lixo, encontra unha vella radio. Talvez a mesma que dese, nun pasado distante, de regalo á súa amada. O home somérxese nos seus recordos e con habilidade transforma o lixo esparexido pola escena nunha bela escenografía, que servirá para contar a historia da súa vida.


Espectáculos | , ,

La Carpa de los Dos Colores

TEATRO PRINCIPAL
XOVES 6 de outubro 11:30.
Ao pobo chegou un circo. Non, máis ben chegaron dous. Un é o da carpa verde e o outro, o da carpa azul. Pero ningún dos dous pode presentarse, pois no pobo hai un veciño rosmón ao que non lle gusta nada e tratará de impedir que o circo se instale.
Pipo, o pallaso, e Badalkablar, o mago, únense para formar un só circo: A carpa das Dúas Cores. O seu principal interese é divertir a todos os nenos e, se o veciño rosmón os segue molestando, o mago Badalkablar tenlle reservada unha sorpresa que o fará recapacitar e cambiar o seu modo de actuar. Despois virá a primeira quenda do Gran Circo da Carpa das Dúas Cores.


Espectáculos | , ,

Página 1 de 212