La Carpa de los Dos Colores
TEATRO PRINCIPAL
XOVES 6 de outubro 11:30.
Ao pobo chegou un circo. Non, máis ben chegaron dous. Un é o da carpa verde e o outro, o da carpa azul. Pero ningún dos dous pode presentarse, pois no pobo hai un veciño rosmón ao que non lle gusta nada e tratará de impedir que o circo se instale.
Pipo, o pallaso, e Badalkablar, o mago, únense para formar un só circo: A carpa das Dúas Cores. O seu principal interese é divertir a todos os nenos e, se o veciño rosmón os segue molestando, o mago Badalkablar tenlle reservada unha sorpresa que o fará recapacitar e cambiar o seu modo de actuar. Despois virá a primeira quenda do Gran Circo da Carpa das Dúas Cores.
La República del Caballo Muerto
TEATRO PRINCIPAL
SÁBADO 8 de outubro 20:30.
Un distinguido antropólogo descobre unha vella civilización de máis de 3000 anos.
A través deste achado recréanos satiricamente a nosa sociedade, observando de xeito irónico e sarcástico os principais defectos que tivemos os seres humanos para convivir cos nosos semellantes.
O propietario, ser ou non ser, os bos modais e a obstinación das mulleres. Son os diálogos que integran este reflexivo espectáculo.