¡El patito feo!

ARTERIA NOROESTE
SÁBADO 1 de outubro 18:00. DOMINGO 2 de outubro 12:30. LUNS 3 de outubro 10:30.
“El Patito feo” é o quinto espectáculo da compañía A la Sombrita. Nel desenvólvense todos aqueles elementos que fan da mesma unha compañía máis que singular. A versión da obra de Hans Christian Andersen cóntanos a historia dun cisne que nace accidentalmente nun niño equivocado.
Dende o principio o parruliño “feo” é rexeitado pola sociedade da granxa pola súa condición de diferente. É inaceptable para os demais por ser, simplemente, distinto e vese obrigado ao exilio pola incomprensión, a crueldade da ignorancia e a maldade deliberada. Pero case sempre é peor permanecer no lugar que non nos corresponde que andar perdidos durante algún tempo.
“Títeres y titiriteros”. La Construcción de un oficio

Arteria Noroeste
Rúa das Salvadas, 2A. Parque Vista Alegre
15705 Santiago de Compostela
Do 22 de setembro ao 26 de outubro
El lobo Rodrigo

ARTERIA NOROESTE
MÉRCORES 5 de outubro 10:30.
Unha versión distinta do tradicional conto de Carapuchiña Vermella. Os personaxes actúan en roles diferentes ao coñecido relato e iso trae consecuencias e situacións tanto inesperadas coma divertidas.
A través do relato comprobaremos que se pode cambiar a historia para vivir mellor cando temos a convicción e o desexo de facelo, con amor, comprensión e respecto polo outro, para mellorar a nosa realidade.
ReCuerdos

ARTERIA NOROESTE
MARTES 4 de outubro 10:30.
TEATRO PRINCIPAL
XOVES 6 de outubro 20:30.
ReCuerdos é un espectáculo onde converxen catro historias diferentes que teñen como eixe as relacións humanas.
En “El negro contento”, monicreques e actor recrean un poema de Raúl G. Tuñón que ten como protagonistas a un Lustrabotas e a un Monicrequeiro. ” Padre hay uno sólo ” conta a historia dun fillo que desafía ao seu pai. En “Capricho” os personaxes sepáranse e únense por un antollo. Finalmente, en “Ramón”, inspirada en poemas de León Felipe e Juan R. Jiménez, un monicreque vive aferrado a un recordo.
Los Tres Reyes y Un Simple

ARTERIA NOROESTE
XOVES 6 de outubro 10:30.
Dúas historias compoñen este espectáculo.
“Por una flor” conta como dous Reis desatan unha batalla campal por unha flor: un deles sementa unha flor e o outro, por envexa, quítaa. O enfrontamento entre os dous castelos rematará afectando á cabalaría, aos cociñeiros e ata ao can e ao gato!
En “La mordida”, obra anónima mexicana, podemos ver como un simple xograr chamado Simplicio pasa por unha morea de peripecias ata chegar ao castelo dun Rei. Foi capaz de entregar toda a fortuna herdada dos seus pais só para comprar un ganso que quere regalar ao monarca. O seu verdadeiro soño é chegar a ser o seu conselleiro, xograr, monicrequeiro. Será capaz de conseguilo?
Taller de Teatro de Sombras

Un curso introdutorio e revelador que expón con claridade as deficiencias do mundo das Artes Escénicas ante o reto que presenta Internet como un novo modelo de comunicación, pero tamén a solución para resolvelas dende un enfoque práctico.