¡El patito feo!

Nome da compañía: A la Sombrita, Teatro de Pocas Luces
Procedencia: Andalucía
Título do espectáculo: ¡El Patito Feo!
Técnica: Teatro de sombras
Idioma: Castelán
Duración: 50 minutos
Idades recomendadas: A partir de 3 anos


Sinopse

“El Patito feo” é o quinto espectáculo da compañía A la Sombrita. Nel desenvólvense todos aqueles elementos que fan da mesma unha compañía máis que singular. A versión da obra de Hans Christian Andersen cóntanos a historia dun cisne que nace accidentalmente nun niño equivocado.

Dende o principio o parruliño “feo” é rexeitado pola sociedade da granxa pola súa condición de diferente. É inaceptable para os demais por ser, simplemente, distinto e vese obrigado ao exilio pola incomprensión, a crueldade da ignorancia e a maldade deliberada. Pero case sempre é peor permanecer no lugar que non nos corresponde que andar perdidos durante algún tempo.

ARTeria Noroeste
Sábado 1 de outubro 18:00
Domingo 2 de outubro 12:30
Luns 3 de outubro 10:30
Entradas
Espectáculos | , ,