Nome da compañía: El Abrojito
Procedencia: Arxentina
Título do espectáculo: El lobo Rodrigo
Técnica: Luvas, variña e boca
Idioma: Castelán
Duración: 55 minutos
Idades recomendadas: A partir de 4 anos
Sinopse
Unha versión distinta do tradicional conto de Carapuchiña Vermella. Os personaxes actúan en roles diferentes ao coñecido relato e iso trae consecuencias e situacións tanto inesperadas coma divertidas.
A través do relato comprobaremos que se pode cambiar a historia para vivir mellor cando temos a convicción e o desexo de facelo, con amor, comprensión e respecto polo outro, para mellorar a nosa realidade.